O tenis protagonista na programación deportiva de verán de Carral
O Departamento Municipal de Deportes do Concello de Carral, en colaboración coa Escola de Tenis Marineda, organizará, durante o mes de agosto, diversas actividades de promoción do tenis entre tódalas idades na localidade.
Entre estas actividades de promoción, incluÃdas dentro de programa “Verán Deportivo. Carral 2005”, se atopan as seguintes:
1. Cursos de tenis.- esta actividade comezará o dÃa 1 de agosto prolongándose ó longo de todo o mes. Neles poderán participar xente de tódalas idades, que serán distribuÃdos en grupos, e cunha carga de dúas horas a semana, en horario de tarde/noite, en función dos grupos. Finalmente, o prezo de inscrición nestes cursos será de 20 € por todo o mes.
2. VII Torneo de Tenis “Concello de Carral”.- Este ano recupérase un clásico dos torneos de verán de Carral. Este, que comezará no mes de agosto, se disputará en formato liguilla clasificatoria para rematar no mes de setembro, coincidindo coas festas patronais da localidade. Da mesma forma que na actividade anterior, nesta poderán participar deportistas de tódalas idades e niveis, distribuÃndose por categorÃas. En canto o prezo de inscrición, será de 3 €, co que se inclúe un bote de bolas.
Ãmbolos dous eventos, estarán impartidos e controlados por monitores especializados e en horarios moi flexibles para poder chegar o maior número de xente. Tamén cabe mencionar que se levarán a cabo nas recentemente reformadas pistas de tenis municipais, que están contando cun gran éxito de uso debido ó perfecto estado da nova superficie de xogo e a potente iluminación coa que contan.
Os obxectivos que persegue o Servicio Municipal de Deportes do Concello de Carral coa programación deportiva do verán 2005, e o de fomentar o deporte entre tódolos rangos de idade como unha forma de aproveitamento do ocio estival, e máis concretamente o fomento do tenis na localidade. Ademais, queremos encauzar tamén ós numerosÃsimos usuarios das novas pistas de tenis, que ata agora acudÃan dunha forma arbitraria e desorganizada. Búscase polo tanto, arraigar un hábito deportivo entre a poboación para o disfrute do tempo de ocio.
O departamento de Deportes, que dirixe Jesús Manuel Raso López continuará co desenvolvemento deste tipo de actividades promocionais, difundindo a práctica deportiva entre a poboación e promovendo as modalidades de menor seguimento.
O prazo de inscrición neste eventos tenÃsticos remata o vindeiro 27 de xullo, podendo dirixirse os interesados, á Casa de Cultura do Concello de Carral.
Carlos Alberto Fragoso Parga, 2005-07-20
Actualidad

O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: dÃas máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. AÃnda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo perÃodo.

O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no perÃodo anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da ConsellerÃa do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.
Notas
A revista cientÃfica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de FÃsica de Altas EnerxÃas (USC), abre unha nova vÃa na procura de fÃsica máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
AÃnda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de ArqueoloxÃa, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.