Publicadas no DOG as zonas de especial risco de incendios forestais
- Trátase dunha nova figura creada no Decreto 31/2005 de prevención de lumes e regulamento de aproveitamentos forestais
- O obxectivo é potenciar medidas especiais de protección nestas áreas que sofren incendios con máis frecuencia ou de especial virulencia
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica o 19 de xullo de 2005 a orde -provomovida pola ConsellerÃa de Medio Ambiente- pola que se declaran 579 parroquias galegas como Zonas de Especial Risco de Incendios (ZER). Trátase dunha nova figura creada no Decreto 21/2005 de prevención de lumes e regulamento de aproveitamentos forestais, que ten como obxectivo potenciar medidas especiais de protección nas áreas con incendios máis frecuentes ou de especial virulencia.
Estas parroquias representan o 17% do total do territorio galego, concentrando entre o 42 e o 47% dos lumes rexistrados nos meses de maior risco (verán e perÃodo febreiro-abril). Das 579 parroquias declaradas, 116 sitúanse na provincia de Coruña, 42 en Lugo, 263 en Ourense e 158 en Pontevedra.
MEDIDAS ESPECIAIS
Nas Zonas de Especial Risco de Incendios prohÃbese a utilización do lume para eliminar restos de aproveitamentos forestais en calquera época do ano, agás xustificación técnica da inexistencia doutras alternativas. Nestas áreas tamén se poderán declarar perÃmetros de preferente ordenación para o pastoreo, para que esta actividade se desenvolva unicamente no interior de cercados. Prevese ademais a posibilidade de establecer axudas públicas para a elaboración de plans de aproveitamento gandeiro.
Outra medida especÃfica para estas zonas é o requerimento de Medio Ambiente para a realización de competicións de vehÃculos a motor. Os traballos preventivos axeitados nestas parroquias recolleranse nos plans de defensa. Inclúense neste eido as actuacións que deben realizar os propietarios dos montes e os responsables das vÃas de comunicación e de calquera instalación situada no contorno. No caso de gasolineiras, industrias pirotécnicas ou almacéns de materiais inflamables, os seus propietarios deberán manter limpa a vexetación nun perÃmetro de 50 metros.
As parroquias galegas que se declaran como Zonas de Especial Risco de Incendios Forestais poden consultarse na orde do Diario Oficial de Galicia (DOG) de 19 de xullo de 2005.
Gabinete de Comunicación da ConsellerÃa de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, 2005-07-19
Actualidad

O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: dÃas máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. AÃnda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo perÃodo.

O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no perÃodo anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da ConsellerÃa do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.
Notas
A revista cientÃfica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de FÃsica de Altas EnerxÃas (USC), abre unha nova vÃa na procura de fÃsica máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
AÃnda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de ArqueoloxÃa, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.