Notas de prensa

Fallo do XV Concurso de Gaita Galega Constantino Bellón de Gaita 2005. Seleccionados para a fase final

Acta do xurado cos clasificados para a final a celebrar o 31 de agosto en Ferrol.

En Ferrol, o día 18 de xullo de 2005, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Madalena, 202, o XURADO do 15º Concurso de Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”, composto por:


D. Víctor Fernández Gabeiras
D. Xesús Vaamonde Manteiga
D. Xavier Rodríguez Fariñas
D. Carlos Icaza Boado
D. Xoán Rodríguez Silvar


e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a concurso, así como examinadas as partituras que se requerían para participar no mesmo,

ACORDOU, por unanimidade seleccionar os seguíntes finalistas:

Premio “Constantino Bellón”

1. Daniel Bellón García Barallobre, Fene, A Coruña

2. José Manuel Mojón Pérez Ourense

3. Agustín Sánchez Iglesias A Coruña

4. Oscar Miranda Lodeiros Arteixo, A Coruña

Premio “GAITEIRO DE SOUTELO”,

1. Daniel Lumbreras Rodríguez Donosti, Guipúzcoa

2. Pablo Martín Rocco Couselo Arxentina

3. Juan Pablo Aguirre Alegre Arxentina

4. Anáisy Gómez Fernández Habana, Cuba

Ateneo Ferrolán, 2005-07-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (112-4.jpeg) O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: días máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. Aínda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo período.
Foto de la tercera plana (incendios-camions.jpeg) O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no período anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da Consellería do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.

Notas

A revista científica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (USC), abre unha nova vía na procura de física máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
Aínda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES