Santiso Miramontes entregou 441 tÃtulos de propiedade de dous lugares do concello de Pol
- PolÃtica Agroalimentaria investiu preto de 2,5 millóns de euros nos traballos
- A superficie total concentrada foi de 1.622 hectáreas
Un total de 441 propietarios de fincas dos lugares de Torneiros e Cardaño, no concello lucense de Pol, recibiron os tÃtulos de propiedade das súas terras concentradas, nun acto celebrado na Pavillón Polideportivo de Mosteiro e presidido polo conselleiro de PolÃtica Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, José Antonio Santiso Miramontes.
VANTAXES
No transcurso da entrega, o conselleiro definiu os procesos de concentración parcelaria como “un dos mecanismos que proporciona maior eficacia á actividade agraria e gandeira”. Entre as súas vantaxes mencionou que se produce un “aproveitamento racional e oportuno do solo, facilitando a introdución de novas técnicas e tecnoloxÃas de equipamento, que incrementan notablemente a rendibilidade, aumentan a relación traballo/produción e, polo tanto, permiten incrementar os niveis de renda dos propietarios das explotacións e dos concellos onde se asentan”.
O titular de PolÃtica Agroalimentaria quixo agradecer a xenerosidade e a participación dos afectados nestes traballos que xulgou imprescindibles para afrontar “novos obxectivos no sector agroalimentario e agrogandeiro galego que nos están a permitir ofrecer produtos dunha gran calidade e aceptación a un mercado cada vez máis especializado e esixente”.
SUPERFICIE CONCENTRADA
Os traballos de concentración parcelaria rematados afectaron a unha superficie de 1.622 hectáreas, cun total de 5.220 parcelas pertencentes a 441 propietarios. O proceso permitiu reducir o número de finas ás 1.132. O investimento total realizado pola ConsellerÃa foi de 2.459.040 euros.
Coa superficie reunida con esta nova actuación, a extensión concentrada no concello de Pol elévase ás 4.426 hectáreas, correspondentes a seis zonas, nas que se investiron 5,2 millóns de euros.
Gabinete de Comunicación da ConsellerÃa de PolÃtica Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, 2005-07-19
Actualidad

O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: dÃas máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. AÃnda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo perÃodo.

O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no perÃodo anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da ConsellerÃa do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.
Notas
A revista cientÃfica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de FÃsica de Altas EnerxÃas (USC), abre unha nova vÃa na procura de fÃsica máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
AÃnda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de ArqueoloxÃa, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.