Notas de prensa

A Volta ao Mundo a Vela suporá o despegue definitivo do sector náutivo galego, segundo Manuel Fraga

O presidente da Xunta e o presidente do Grupo Rodman asinaron un convenio para o patrocinio deste evento.

O presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, e o presidente do Grupo Rodman asinaron un convenio de patrocinio con motivo da Volvo Ocean Race, “convencido de que o respaldo dun grupo empresarial da dimensión de Rodman garante o incremento do prestixio dun evento que falará por si só de Galicia”, subliñou o mandatario galego.

Desde que no ano 2003 se soubo que Galicia sería a elixida para dar a saída do acontecemento deportivo, “todos os sectores sociais comezaron a involucrarse dunha ou outra maneira neste ambicioso proxecto no que a Xunta de Galicia está investindo todos os seus esforzos”,segundo Manuel Fraga.

O presidente do Grupo Rodman, Manuel Rodríguez Vázquez, agradeceu ao titular do Goberno autonómico o apoio que dende o Executivo galego se vén prestando ao desenvolvemento da industria náutica e engadiu que “Galicia conta cunha posición inmellorable para a navegación que se pode convertir nunha fonte de riqueza para a Comunidade”.

No convenio asinado Rodman comprométese a difundir a náutica e o deporte galego a nivel internacional. Na busca deste obxetivo, a empresa lanzará ao mercado un novo iate de avanzada tecnoloxía que levará por nome Rodman 50. Galicia “prototipo e primeiro dunha serie de seis novas embarcacións”destacou Manuel Fraga. Neste camiño, tamén colaborará coa Fundación Deporte Galego e na elaboración dun Proxecto de Comunicación, Fundación Deporte Galego- Grupo Rodman e as súas empresas. Un punto de apoio máis será a cesión á Fundación Deporte Galego de dez iates destinados a organización técnica do evento, por un importe de 200.000 euros, segundo recolle o convenio.

A colaboración da empresa Rodman coa náutica galega continuará no tempo. A entidade será a encargada de organizar dúas xornadas de difusión sobre esta actividade, con medios de comunicación e prescriptores de coñecido prestixio: salóns náuticos de Madrid, Barcelona e Vigo, federacións de pesca deportiva, clubes náuticos, etc.; valorados en 25.000 euros.

Do mesmo xeito, o Grupo Rodman procederá a adquisición de activos fixos novos que contribuirán ó desenvolvemento do sector e mercado da náutica deportiva en Galicia, que se recollerán nun Plan de Activos Fixos Novos- Galicia 2005 por importe de 400.000 euros. O investimento total adicado ao patrocinio e publicidade do evento deportivo ascenderá a 800.000 euros.

Manuel Fraga salientou a importancia da empresa Rodman a nivel europeo. “Os seus estaleiros son, sen lugar a dúbidas, dos máis completos de toda Europa e, por suposto, de España, pola diversidade da súa actividade económica e pola tecnoloxía aplicada”, salientou o presidente da Xunta.

INTERVENCIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA NO ACTO DE SINATURA DO CONVENIO DE PATROCINIO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E RODMAN CON MOTIVO DA VOLTA AO MUNDO A VELA

- “A Volta ao Mundo a Vela estase a converter no motor aglutinador de forzas para o despegue definitivo do sector náutico galego”.

- “O Grupo Rodman é un dos primeiros grupos empresariais españois na construcción de embarcacións náuticas. Os seus estaleiros son, sen lugar a dúbidas, dos máis completos de toda Europa e, por suposto, de España, pola diversidade da súa actividade económica e pola tecnoloxía aplicada”.

- “(...) Rodman lanzará ao mercado un novo iate de gama alta. O Rodman 50. Galicia, prototipo e primeiro dunha serie de seis novas embarcacións, deseñado con motivo da saída da Volvo Ocean Race e que promocionará a náutica galega en todo o mundo”.

CONVENIO DE COLABORACIÓN:

Antecedentes: A Xunta está a traballar nun proxecto para atraer a atención nacional e internacional sobre Galicia, como motivo da designación desta Comunidade como punto de partida da Volta ao Mundo a Vela, proxecto no que o Grupo Rodman pretende colaborar.

Obxetivos: Ao abeiro do convenio asinado hoxe, Rodman adquire a condición de patrocinadora de Galicia 2005, Volta ao Mundo a Vela e comprométese a: difundir e promocionar o mencionado acontecemento deportivo a través dos diferentes medios e soportes que o grupo emprega para as súas campañas publicitarias e promocionais. O valor desta colaboración ascende a 800.000 euros; ao lanzamento dun novo iate de alto nivel e prestacións que levará o nome de Rodman 50. Galicia; á cesión á Fundación Deporte Galego de dez iates destinados á organización técnica do evento, por importe de 200.000 euros e a organización de dúas xornadas de difusión da náutica galega valoradas en 25.000 euros.

Asinantes: Manuel Fraga, presidente da Xunta de Galicia, e Manuel Rodríguez Vázquez, Presidente do Grupo Rodman, formado por las empresas Rodman Polyships S.A. e Metalships & Docks S.A.U.





Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2005-07-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (112-4.jpeg) O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: días máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. Aínda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo período.
Foto de la tercera plana (incendios-camions.jpeg) O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no período anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da Consellería do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.

Notas

A revista científica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (USC), abre unha nova vía na procura de física máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
Aínda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES