Tódalas publicacións europeas de sendeiros recollerán a partir de agora o sendeiro pola Costa Norte de Oleiros
Esta rota recibiu o Certificado de Homologación de Sendeiros.
O “Sendeiro pola costa norte de Oleiros” considerado dentro da catalogación de “pequeno percorrido galego”, recibiu a catalogación de Homologación de Sendeiros, emitido pola Federación Galega de Montañismo, que lle outorgou un código identificativo: PR-G 87.
Este logro débese á iniciativa dos alumnos e profesores do Colexio LuÃs Seoane de Canide, e que inmediatamente foi asumida polo
concello para proceder á súa sinalización. Por elo, colocáronse pedras cos sÃmbolos de franxas brancas e amarelas, limpáronse os camiños e agora, vanse colocar as frechas de madeira coa denominación oficial do sendeiro.
Todo isto quere dicir que, a partir de agora, tódolos folletos, comunicacións e promocións da Unión Europea sobre as pequenas rotas de interese natural e ecolóxico, contarán nas súas ofertas co Sendeiro pola Costa Norte de Oleiros, dando asà unha maior proxección internacional a este espazo, a esta rota que percorre
circularmente as parroquias de Serantes, Dexo e Maianca pola costa. Do mesmo xeito, esta homologación fai que o sendeiro pasa a integrarse nos rexistros autonómicos e estatal, e publicarase nas guÃas editadas a nivel estatal e europeo. O concello, en consecuencia, comprométese a mantelo periodicamente en bo estado de utilización.
Concello de Oleiros, 2005-07-14
Actualidad

O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: dÃas máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. AÃnda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo perÃodo.

O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no perÃodo anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da ConsellerÃa do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.
Notas
A revista cientÃfica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de FÃsica de Altas EnerxÃas (USC), abre unha nova vÃa na procura de fÃsica máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
AÃnda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de ArqueoloxÃa, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.