Emprego colaborará coa CEO na recolocación dos traballadores afectados por reconversións industriais
- Asà se establece nun acordo asinado entre os representantes de ambas as dúas entidades
- O proxecto, pioneiro en Galicia, contará cun orzamento de 66.000 euros
A ConsellerÃa de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais colaborará coa Confederación Empresarial de Ourense na reciclaxe de traballadores en activo. Asà se recolle nun convenio, asinado entre a responsable en funcións da consellerÃa, Belén Prado e o presidente da CEO, Francisco RodrÃguez.
O obxectivo deste acordo, que contará cun orzamento de 66.000 euros, é establecer medidas de acompañamento aos traballadores afectados por reconversións ou reestructuracións de empresas de xeito que, antes de que se produza a perda efectiva do seu posto de traballo ou antes de que acaden os tres meses de paro, poidan reinsertarse noutro eido laboral adecuado ao seu perfil profesional.
A posta en funcionamento deste proxecto pioneiro en Galicia consta de varias fases. As dúas primeiras xa foron realizadas polo que o convenio actual servirá para a posta en marcha da terceira fase, que consistirá en implantar a metodoloxÃa de reciclaxe de traballadores en activo.
En primeiro lugar, o acordo prevé a selección de empresas e traballadores para conseguir asesorar directamente, alomenos, a 150 traballadores en proceso de recolocación. Nesta fase analizarase a vida laboral e familiar de cada traballador e as súas expectativas profesionais. Tamén se realizarán accións formativas individuais e grupais que lles aporten aos traballadores os coñecementos profesionais e persoais necesarios para a súa reinserción laboral. O seguinte paso será a realización de accións de acompañamento directo dos traballadores co obxectivo de recolocar a un mÃnimo de 100 dos traballadores asesorados.
FASES PREVIAS
Este proxecto comezou coa creación dunha metodoloxÃa de xestión de recursos humanos deseñada para orientar a todos aqueles traballadores, que xa entraron ou é previsible que entren nunha situación de desemprego, respecto de novos postos de traballo que se adapten ás súas espectativas profesionais e persoais.
Posteriormente, organizáronse sesións informativas entre estas empresas explicando as vantaxes do proxecto asà como unha campaña de captación de usuarios, xa que os traballadores empregaron horas da súa xornada laboral para recibir información e asesoramento sobre as técnicas e ferramentas que lles permitan buscar outro posto de traballo.
Gabinete de Comunicación da ConsellerÃa de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, 2005-07-14
Actualidad

O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: dÃas máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. AÃnda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo perÃodo.

O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no perÃodo anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da ConsellerÃa do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.
Notas
A revista cientÃfica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de FÃsica de Altas EnerxÃas (USC), abre unha nova vÃa na procura de fÃsica máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
AÃnda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de ArqueoloxÃa, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.