Notas de prensa

ADEGA solicita a demisión de Carlos del Álamo como Presidente do Parque Nacional das Illas Atlánticas

Tras constatar o comportamento inmoral de D. Carlos del Álamo que non ten ningún tipo de problema en presidir ao mesmo tempo o Patronato do Parque Nacional e unha das empresas que licitan a un concurso público para avaliar os efectos da marea negra do Prestige no mesmo Parque, entendemos que esta persoa non é digna de ocupar o posto de relevancia que actualmente desempeña, e debera demitir.

Carlos del Álamo, hai que lembrar, foi Conselleiro de Medio Ambiente até hai pouco tempo. Baixo a súa xestión, a natureza galega viviu un dos momentos máis negros da súa historia; neste período o ex-conselleiro non só non defendeu o patrimonio natural senón que o meteu nunha espiral de degradación. Paralelamente, pechouse a calquera tipo de contacto e vía de diálogo coas organizacións sociais, particularmente as ecoloxistas. Ante a crise do Prestige, a súa actuación foi patética polo que foi relevado do seu posto; hai que lembrar que coa case totalidade da costa galega afectada polo fuel, intervención tras intervención o ex-conselleiro aseguraba que non había ningún espacio natural afectado.
Tras a súa xestión premióuselle coa presidencia do Patronato e agora pretende avaliar unha situación que foi en boa medida responsabilidade súa.

Adega, 2003-10-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (autopista-ap9.jpg) A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
Foto de la tercera plana (agro-tractor.jpg) A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.

Notas

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta de Galicia, organzia do 23 ao 27 de novembro a novena edición da Semana da Ciencia, a cita anual coa que pretende achegar o seu labor investigador á sociedade. Nesta ocasión, o programa centrarase nos retos e oportunidades de futuro que se abren nas áreas de investigación nas que traballa o persoal do IGFAE.
Ata o 12 de xaneiro de 2027 a Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, acolle a mostra Glaciares a derreterse, da artista italiana Cinzia N. Rojas e comisariada por Vítor Nieves e Xosé Lois Vázquez. Na exposición, o público visitante pode ver unha proxección sobre o desexo glaciar. A mostra foi inaugurada contando coa participación da artista.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES