Notas de prensa

Adega organiza unha xornada sobre transporte sustentábel

Celebrarase o próximo sábado na cidade de Ourense.

O transporte sustentábel: movéndonos respectando o medio ambiente é o título dunha xornada que vai ter lugar o próximo sábado en Ourense, organizada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). Expertos e representantes sociais tratarán dos prexuízos do actual modelo de transporte e das alternativas para unha mobilidade sustentábel. A xornada celébrase coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade (16-22 de setembro) e baixo os efectos da catástrofe do Prestige, que debe estimular a reflexión sobre a necesidade de reducir a excesiva dependencia do petróleo das sociedades occidentais.
O modelo de transporte actual é profundamente insustentábel e provoca enormes custos ambientais, sociais e económicos a miúdo infravalorados. ADEGA avoga por políticas urbanísticas que creen proximidade, procurando reducir as necesidades de desprazamentos, así como polo potenciamento dos modos de transporte ambientalmente menos impactantes e con maiores vantaxes sociais (peonal, bicicleta, autobús, tren, barco) en detrimento do coche, do avión e do tren de alta velocidade estrita (300-350 km/h).
A xornada terá lugar no Liceo Recreo Ourensán (Rúa Lamas Carbajal, 5. Ourense) e a asistencia a ela é libre e gratuíta. O programa completo é o seguinte:
-10:30-11:15 - Impactos ambientais das grandes infraestruturas de transporte. Xabier Pumariño. Biólogo Ambiental e Vocal da Ãrea de Biodiversidade de ADEGA.
-11:15 -12:00 - Mesa redonda A mobilidade na miña cidade. Representantes dos partidos políticos na Comisión de Transporte do Concello de Ourense.Xan Elexpuru, usuario de bicicleta. Representante de Aixiña (asociación de discapacitados).
-12:00 - 12:30 - Pausa Café.
-12:30 -13:15 - ¿As infraestruturas como motor de desenvolvemento económico?: a experiencia de Galiza. Xabier Vence. Catedrático de Economía Aplicada da Facultadade Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela.
-13:15 -14:00 - Transporte por ferrocarril vs transporte por estrada. María Xosé Caride Profesora da Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Vigo.
-16:00 – 17:00 - A mobilidade sustentábel: propostas ecoloxistas. Xan Duro. Presidente de ADEGA
-17:00 - Vista ao centro de control ferroviario de Ourense.
Nota: Na páxina web de ADEGA (http://www.adegagaliza.org), no apartado Campos de actuación, exponse a posición de ADEGA sobre o transporte.

Adega, 2003-09-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (gozo-festival-2026.jpg) Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegarán a mellor música internacional do momento a Santiago de Compostela cunha nova edición de O Gozo Festival. Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam Rodríguez son as primeiras confirmacións do festival, que presentarán os seus directos no Monte do Gozo compostelán o sábado 11 de xullo de 2026. O Gozo Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. En 2026, O Gozo Festival celebrará a súa cuarta edición cun line-up de luxo. O proxecto O Gozo Festival, que naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, consolidouse na súa terceira edición, celebrada en 2025, cun éxito rotundo de crítica e público.
Foto de la tercera plana (20251210-rueda.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Así o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.

Notas

A mostra 'Alfredo Brañas Menéndez XIX-XXI. 125 anos do seu pasamento' chega ao Claustro Alto do Colexio de Fonseca para, en palabras da comisaria, Belén Trigo, 'buscar e descubrir os aspectos menos tratados' da figura deste intelectual rexionalista e 'establecer un diálogo entre dúas épocas', o século XIX e as primeiras décadas do século XXI. A exposición, que pode visitarse ata o 15 de xaneiro, conta cunha mostra bibliográfica con obras do autor e sobre o autor, documentos que obran no poder da USC, e 16 paneis.
Organizada polo Concello de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes, a exposición Do final e do comezo reúne as creacións que 25 novos tituladas e titulados deste centro desenvolveron como parte dos seus traballos de fin de grao . As obras de 21 egresadas e catro egresados foron seleccionadas para unha mostra que busca achegar á cidadanía o proceso de 'construción e reconstrución' como artistas que implicou a súa formación, á vez que reúne un conxunto de pezas que representen as múltiples disciplinas traballadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES