A Xunta de Galicia e o Ministerio de Asuntos MarÃtimos e de Pesca da República de Indonesia asinaron un memorandum de entendemento para fomenta-los negocios entre os dous paÃses no sector pesqueiro. A rúbrica tivo lugar durante unha xuntanza de traballo celebrada esta mañá en Santiago entre directivos da ConsellerÃa de Pesca e unha delegación indonesia.
O conselleiro de Pesca e Asuntos MarÃtimos, Enrique López Veiga, asinou
o acordo por parte galega; mentres que foi o director xeral de
Institucións, Sumpeno Putro, quen asinou por parte da delegación de
Indonesia, que estaba encabezada polo ministro de Pesca, Fredy Numbery.
O apoio os proxectos para aumenta-la producción pesqueira e a
colaboración na formación de pescadores e acuicultores son dúas das
principais areas de cooperación que se desenvolverán a partir do tratado
firmado esta mañá. Ademais, Galicia e Indonesia cooperarán, entre outros
ámbetos, no control da calidade dos productos do mar e na celebración de
feiras e exposicións.
Durante a sesión de traballo, López Veiga explicoulles ós membros da
delegación de Indonesia as oportunidades de negocio que ofrece o mercado
galego da pesca. O conselleiro de Pesca informou ós directivos do
Ministerio de Asuntos MarÃtimos e Pesca do paÃs asiático as caracterÃsticas
da industria pesqueira galega e o seu potencial para desenvolver novas
iniciativas.
López Veiga tamén lle informou ó ministro de Pesca, Fredy Numberi, dos
proxectos de cooperación que a ConsellerÃa de Pesca mantén con diferentes
estados. Coa sinatura de hoxe, Indonesia incorpórase a lista de paÃses
formada por Honduras, El Salvador, Nicaragua, Guatemala, Ecuador, Brasil,
Perú, Chile, Mauritania e Namibia cos que o Goberno Galego rubricou acordos
de cooperación internacional ou ten en marcha proxectos de axuda o
desenvolvemento no campo da pesca e da acuicultura. A Xunta de Galicia
lanzou nos últimos anos unha intensa polÃtica internacional no sector
pesqueiro co obxectivo de apoiar o progreso doutros pobos e asemade,
contribuir a estreitar as relacións coas administracións dos paÃses nos que
operan empresas pesqueiras de capital galego.
Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegarán a mellor música internacional do momento a Santiago de Compostela cunha nova edición de O Gozo Festival. Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam RodrÃguez son as primeiras confirmacións do festival, que presentarán os seus directos no Monte do Gozo compostelán o sábado 11 de xullo de 2026. O Gozo Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. En 2026, O Gozo Festival celebrará a súa cuarta edición cun line-up de luxo. O proxecto O Gozo Festival, que naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, consolidouse na súa terceira edición, celebrada en 2025, cun éxito rotundo de crÃtica e público.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Asà o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.