
O acto terá lugar ás 12.00 h na sala Emilia Pardo Bazán, no soto do Edificio de Ferro do campus. Está organizado pola Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, a Escola Superior de Enxeñaría Informática e Feuga (Fundación Empresa-Universidade Galega), contando ademais co apoio da Vicerreitoría do campus de Ourense.
Carlos García-Galán é o director do programa Base Lunar da NASA, ao que achega os seus máis de 27 anos de experiencia en voos espaciais tripulados, apuntan desde a organización. Neste cargo, engaden, apoia a xestión xeral e o desenvolvemento desta iniciativa Base Lunar da NASA, un elemento clave da campaña Artemis que permitirá a exploración lunar sostible e sentará as bases para misións a Marte. A inscrición on-line na conferencia está aberta ata o 16 de xuño ao estudantado universitario como preuniversitario (de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional) interesado en coñecer de primeira man as interioridades da NASA.
Dilatada traxectoria
Orixinario de Málaga, García-Galán conta cunha dilatada traxectoria no sector espacial. Antes de ocupar o posto de director do programa Base Lunar da NASA foi subxerente do programa Gateway e xerente da Oficina de Integración do Módulo de Servizo Europeo (ESM) do programa Orion no Centro de Investigación Glenn da NASA en Cleveland, Ohio. Neste posto, foi responsable da integración do ESM, desenvolvido pola ESA (Axencia Espacial Europea), o que incluíu as actividades de deseño, ensamblaxe e probas con outros módulos da nave espacial Orion.
O enxeñeiro español incorporouse á Oficina do Programa Orion en 2010, no Centro Espacial Lyndon B. Johnson en Houston, onde ocupou diversos cargos técnicos e xerenciais. O seu traballo abarcou o deseño integrado e o desempeño das naves espaciais, a análise de misións, a integración entre programas e o apoio ás operacións de lanzamento e voo. Antes da súa participación neste programa foi controlador de voo da Estación Espacial Internacional (EEI), onde deu apoio a varias misións de ensamblaxe do Transbordador Espacial coa EEI e a operacións de incremento da estación desde o Control de Misión en Houston e en Korolev, Rusia. Ademais, traballou para Honeywell Space Systems como líder técnico, desenvolvendo tecnoloxías de xestión da saúde dos vehículos e dando apoio a Lockheed Martin durante o desenvolvemento inicial da nave espacial Orion. Por último sinalar que foi recoñecido con numerosos galardóns polas súas contribucións aos voos espaciais tripulados, como o premio ao Enxeñeiro en Sistemas Espaciais do Ano de Honeywell (Houston), a Medalla de Prata ao Logro da NASA, a Medalla ao Logro Excepcional da NASA e o Premio Silver Snoopy desta axencia.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.