
As motivacións para o emprego da lingua galega, o papel do galego normativo na contorna dixital e a creación de comunidades de uso son tamén cuestións que se abordarán analiticamente ao longo dos tres anos de duración do proxecto.
A investigación, con financiamento do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e liderada dende o Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC, aspira a coñecer en profundidade un fenómeno emerxente de gran relevancia para o idioma: a actual eclosión de perfís en galego nas principais redes sociais orais, Instagram e Tiktok. Os distintos formatos en que se produce para a publicación dixital permiten observar como instagrammers e tiktokers constrúen a súa identidade e toman decisións acerca do modelo de idioma máis acaído no esixente universo das redes sociais. O proxecto pretende determinar se están en marcha na sociedade galega procesos de (re)creación identitaria, tanto individual como colectiva, relacionados coa lingua. A hipótese de partida consiste en postular que efectivamente hai mudanzas significativas na visión e na práctica lingüística en galego das novas xeracións, xeralmente menos preocupadas pola corrección formal da mensaxe e máis implicadas en procurar unha naturalidade performativa que lles permita triunfar en redes. A hipótese coa que estamos a traballar é que a xente nova está reconsiderando o papel das variedades dialectais nas súas publicacións para as redes sociais orais, explican os profesores responsables da investigación.
As redes sociais orais, un novo espazo para a creación en galego da xente nova
O proxecto afonda nun espazo clave para o coñecemento da realidade lingüística e sociolóxica da Galicia actual, xa que a indagación sobre as ideoloxías da xente nova é especialmente pertinente nun momento no que as estatísticas amosan serias dificultades na transmisión interxeracional do idioma, afirma a profesora da Facultade de Humanidades Carme Silva Domínguez. Ademais, a investigación introduce aspectos que permitirán coñecer mellor o perfil laboral do instagrammer que emprega a lingua galega, cada vez máis requirido en campañas de márketing por empresas e institucións. Indagar nos novos procesos de revalorización e de resignificación do idioma en termos económicos (commodification) supón afrontar unha finalidade innovadora e unha lectura funcional da lingua, engade o profesor Xosé Luís Regueira, tamén investigador principal do proxecto e profesor da Facultade de Filoloxía.
O equipo de investigación está formado por Elisa Fernández Rei, Montserrat Recalde, Vítor Míguez, Cibrán Tenreiro e Noemí Basanta; conforman o equipo de traballo Estela Fidalgo Garra, Miguel Guisantes Alonso e Daniel Amarelo Montero.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.