Notas de prensa

As organizacións ecoloxistas galegas apoian a campaña contra o arrastre de profundidade en alta mar

Participaron nun acto en Madrid da Coalición pola Conservación dos Fondos Mariños.

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), a Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) e a Federación Ecoloxista Galega (FEG) reiteran o seu apoio á campaña internacional impulsada pola Coalición pola Conservación dos Fondos Mariños contra o arrastre de profundidade en alta mar. Un representante das organizacións ambientalistas galegas, Alfredo López, presidente da CEMMA, vén de participar nun encontro en Madrid cunha delegación da Coalición pola Conservación dos Fondos Mariños encabezada pola prestixiosa oceanógrafa norteamericana Sylvia A. Earle.

A Coalición pola Conservación dos Fondos Mariños (Deep Sea Conservation Coalition, DSCC) está formada por 40 organizacións internacionais e traballa para que a ONU adopte unha moratoria á pesca de arrastre en alta mar. Máis de 1.000 científicos e expertos mariños de todo o mundo, tamén do Estado español, respaldan a campaña desta coalición. O arrastre en alta mar é unha técnica de pesca que equivale a arrasar un bosque tropical para apañar algúns froitos.

No encontro con organizacións ecoloxistas celebrado a semana pasada en Madrid, Sylvia A. Earle, directora executiva da Marine Division Conservation International e exploradora residente da National Geographic Society, salientou que a pesca de arrastre de fondo, a 800 metros de profundidade e máis, está producindo impunemente graves danos, en grande medida irreparábeis, en hábitats moi vulnerábeis como os arrecifes de coral de profundidade presentes na maioría das montañas submarinas. Tamén chamou a atención sobre a grande desprotección do medio mariño: mentres que o 12% da superficie terrestre conta con algún tipo de protección, só o 1% dos oceanos están protexidos.

Para a oceanógrafa norteamericana, é urxente unha moratoria até que se poida asegurar unha xestión adecuada dos caladoiros e a protección da biodiversidade en alta mar. Cómpre aplicar o principio de precaución, pois é moito o que resta por estudar dos fondos mariños. Sabemos máis do sistema solar que da vida existente no fondo dos oceanos máis alá das plataformas continentais.

40 barcos da frota galega practican o arrastre en alta mar. Practicamente toda a pesca de arrastre de fondo en alta mar é exercida por tan só 11 estados (Dinamarca, Estonia, Islandia, Xapón, Letonia, Lituania, Nova Celandia, Noruega, Portugal, Rusia e España). O Estado español é responsábel do 40% das capturas.

Adega - CEMMA, 2005-04-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (gozo-festival-2026.jpg) Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegarán a mellor música internacional do momento a Santiago de Compostela cunha nova edición de O Gozo Festival. Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam Rodríguez son as primeiras confirmacións do festival, que presentarán os seus directos no Monte do Gozo compostelán o sábado 11 de xullo de 2026. O Gozo Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. En 2026, O Gozo Festival celebrará a súa cuarta edición cun line-up de luxo. O proxecto O Gozo Festival, que naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, consolidouse na súa terceira edición, celebrada en 2025, cun éxito rotundo de crítica e público.
Foto de la tercera plana (20251210-rueda.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Así o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.

Notas

A mostra 'Alfredo Brañas Menéndez XIX-XXI. 125 anos do seu pasamento' chega ao Claustro Alto do Colexio de Fonseca para, en palabras da comisaria, Belén Trigo, 'buscar e descubrir os aspectos menos tratados' da figura deste intelectual rexionalista e 'establecer un diálogo entre dúas épocas', o século XIX e as primeiras décadas do século XXI. A exposición, que pode visitarse ata o 15 de xaneiro, conta cunha mostra bibliográfica con obras do autor e sobre o autor, documentos que obran no poder da USC, e 16 paneis.
Organizada polo Concello de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes, a exposición Do final e do comezo reúne as creacións que 25 novos tituladas e titulados deste centro desenvolveron como parte dos seus traballos de fin de grao . As obras de 21 egresadas e catro egresados foron seleccionadas para unha mostra que busca achegar á cidadanía o proceso de 'construción e reconstrución' como artistas que implicou a súa formación, á vez que reúne un conxunto de pezas que representen as múltiples disciplinas traballadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES