
O traballo, publicado na revista Cryobiology, foi realizado por persoal investigador do laboratorio CryoLab do grupo EcoCost do CIM, integrado por Alba Lago, Jesús Troncoso e EstefanÃa Paredes, quen lidera esta liña de investigación nun laboratorio especializado en criobioloxÃa mariña que se sitúa entre os poucos do mundo con capacidades para desenvolver este tipo de estudos.
O estudo demostra que é posible conxelar e recuperar con éxito as éfiras (a primeira fase larvaria) da medusa Aurelia aurita mantendo a súa viabilidade e permitindo que continúen o seu desenvolvemento tras o proceso de desconxelación.
Un proceso complexo cunha especie practicamente inexplorada
Ata o de agora, a criopreservación aplicárase con éxito a gametos, embrións, larvas ou xuvenÃs doutros invertebrados mariños, pero as medusas seguÃan sendo un grupo practicamente inexplorado debido á complexidade que supón o seu elevado contido en auga. “Esta especie presenta un contido hÃdrico extremadamente alto, superior ao 96 %, unha caracterÃstica que fai especialmente difÃcil a súa criopreservación e que converte este logro nun fito cientÃfico. Grazas ao protocolo desenvolvido, baseado nunha combinación especÃfica de crioprotectores e tratamentos posteriores á desconxelación, conseguimos que unha parte significativa das larvas sobrevivan e manteñan a súa integridade celular”, sinalan as e os investigadores do CIM.
No artigo publicado na revista especializada en criobioloxÃa, o persoal investigador do laboratorio CryoLab do grupo EcoCost do CIM propón ademáis este organismo coma un novo modelo animal para entender como criopreservar células, organismos ou tecidos de gran contido de auga. Esta era a premisa de Estefania Paredes cando solicitou IceMedusa, proxecto financiado pola convocatoria da Deputación de Pontevedra e Universidade de Vigo de 2024, orixe do traballo.
“O coñecemento sobre o impacto dun gran contido en auga nos tecidos durante o enfriamento nos axudará a entender como criopreservar mellor outros organismos de gran interese local coma son mexillons, ameixas ou berberechos nos que xa levamos tempo traballando”, afirma EstefanÃa Paredes. A investigadora explica que “lograr criopreservar con éxito larvas de medusa é un avance importante para o noso equipo. Trátase dun campo no que aÃnda existen moi poucos estudos, especialmente no caso dos cnidarios, no que ata agora non habÃa protocolos descritos para larvas de medusa, xa que con este gran contido en auga non se consideraba que fose posible”.
Este resultado reforza o traballo da investigadora predoutoral Alba Lago, demostrando que é posible aplicar técnicas de criobioloxÃa a organismos moi delicados e con caracterÃsticas biolóxicas complexas, neste caso cun gran contido en auga.
Retos superados
Un dos principais retos do estudo foi atopar a forma adecuada de avaliar o efecto dos crioprotectores nas larvas, xa que, aÃnda que son necesarios para evitar danos durante a conxelación, tamén poden resultar tóxicos. Ademais, foi necesario comprender o impacto da deshidratación durante o proceso de conxelación, xa que o risco de formación de cristais de xeo pode provocar danos graves, o que obrigou a optimizar con precisión as concentracións de crioprotectores, os tempos de equilibrio e as condicións de conxelación e desconxelación. “A maiores, tratábase dun modelo biolóxico novo no ámbito da criobioloxÃa, o que supuxo un esforzo adicional nun proxecto de curta duración. Con todo, en apenas tres meses obtivéronse resultados moi positivos que permitiron validar o modelo e avanzar no desenvolvemento dun protocolo especÃfico ao longo dun ano”, recoñece a investigadora do CIM.
Pola súa banda, para a investigadora Alba Lago "conseguir estes resultados supón unha gran satisfacción a nivel persoal e de equipo. É unha confirmación de que estamos no camiño correcto e que, mesmo traballando con organismos complexos e pouco explorados, somos capaces de abordar retos ambiciosos con éxito. Máis alá do resultado concreto, este estudo abre novas posibilidades para entender mellor como responden á criopreservación organismos e tecidos con alto contido hÃdrico, e reforza a idea de que aÃnda queda moito por explorar na criobioloxÃa mariña”.
Protección da biodiversidade mariña
Este avance abre novas posibilidades para a conservación ex situ do zooplancto xelatinoso, un grupo de organismos que desempeña un papel importante no funcionamento dos ecosistemas mariños e nas cadeas tróficas oceánicas. A capacidade de conservar estes organismos a longo prazo permitirá dispoñer de bancos biolóxicos que faciliten a investigación e a protección da biodiversidade mariña fronte aos impactos do cambio climático, a contaminación ou outras presións ambientais.
Ademais do seu valor para a conservación, o novo protocolo constitúe unha ferramenta prometedora para mellorar o coñecemento da bioloxÃa dos cnidarios e desenvolver novos modelos experimentais en criobioloxÃa, especialmente no estudo de organismos cun contido en auga moi elevado. Estes avances poden ter aplicacións futuras en ámbitos como a acuicultura, a xestión de recursos mariños e o desenvolvemento de novas tecnoloxÃas de conservación da biodiversidade.
Novas liñas de investigación abertas
A gran concentración de colaxeno, xunto con o gran contido en auga fan deste modelo animal un gran candidato para estudiar conceptos básicos para a criopreservación de tecidos con compoñentes musculares ampliando a aplicación do modelo de A. Aurita á biomediciña. “Xa solicitamos un novo proxecto para continuar avanzando no desenvolvemento de protocolos de criopreservación mellores, grazas a o novo modelo de medusa e esperamos atraer colaboradores internacionais que estean interesados en vir ao CIM a traballar con nós”, avanza a investigadora.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.