Notas de prensa

Sergas e Concello de Vilarmaior dan o primeiro paso para a construcción dun novo centro de saúde

Así queda reflectido na sinatura dun convenio para a realización -cun investimento de 615.000 euros- dun novo centro de saúde de 600 metros cadrados. Con este novo centro duplícase a infraestructura sanitaria para as 1.178 tarxetas sanitarias deste concello.

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) construirá un novo Centro de Saúde no concello de Vilarmaior co que se duplicará a infraestructura sanitaria a disposición das 1.178 tarxetas sanitarias existentes no mesmo. Así, o conselleiro de Sanidade, José Manuel González Ãlvarez; e o alcalde de Vilarmaior, Carlos Vázquez Quintián, deron o primeiro paso coa sinatura dun convenio de cooperación para a realización do novo centro sanitario.

Por mor deste convenio, este centro construirase nunha parcela de 1.260 metros cadrados sita no lugar de Armada, parroquia deste concello; e realizarase un investimento de 615.000 euros na edificación dos 600 metros cadrados cos que contará este instalación sanitaria. Iniciábase onte mesmo xa o expediente para a contratación da redacción do proxecto básico e de execución da obra do novo centro. Estímase a entrega da redacción do proxecto no último trimestre deste ano.

Na actualidade, as 1.178 persoas que reciben atención primaria neste concello -1.098 adultos e 80 rapaces en idade pediátrica- contan cun centro de saúde no que presta atención un médico xeral e un ATS nunha sala de consulta xeral. Con este novo centro que se construirá duplicarase o espacio e servizos, e contará -segundo se recolle no seu Plan Funcional- con dúas Consultas de Medicina Xeral, unha de Enfermería, unha sala polivalente, unha de matrona, sala de reunións, almacén, e área administrativa.

Este concello ten un moi bo ratio de profesionais por médico, posto que a media recomendada polas sociedades científicas é de entre 1.500 e 1.700 tarxetas sanitarias por profesional, mentres que no caso de Vilarmaior, non se superan as 1.200.

Así, trala sinatura, o concello de Vilarmaior pon a disposición do Sergas a parcela mencionada coa clasificación de uso sanitario e compromiso de ter resolto tódolos aspectos urbanísticos; e, pola súa banda, o SERGAS elaborará, supervisará e aprobará o proxecto técnico, e encargarase da contratación para a dirección e execución das obras do centro de saúde.

OUTRAS MELLORAS SANITARIAS PARA O CONCELLO

Destacar tamén que -unha vez rematado o centro- os pacientes de Vilarmaior incorporaranse ao programa de descentralización do Sintrom no propio concello, servizo que agora reciben en Miño. Lembrar que o sintrom é unha medicación de efecto anticoagulante para evitar a repetición de episodios coronarios ou accidentes cerebrovasculares. A súa dosificación e control precisa dun seguimento periódico -de continuidade diversa segundo cada caso- polo que os usuarios sometidos a esta terapia vense na obriga de facer de xeito continuado análises para o seu seguimento e posterior establecemento de novas pautas terapéuticas.

Este control realizábase sempre nos hospitais, de tal xeito que os pacientes tiñan que se desprazar ata os seus respectivos hospitais de referencia. A descentralización do sintrom levada a cava a través das xerencias de Atención Primaria, supón a realización da extracción periférica de mostras no centro de saúde, o que permite, polo tanto, o control no propio centros dos pacientes que actualmente están a tratamento con este fármaco, evitando o seu desprazamento ao hospital de referencia.

Gabinete de Comunicación de Sergas (Xunta de Galicia), 2005-04-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (gozo-festival-2026.jpg) Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegarán a mellor música internacional do momento a Santiago de Compostela cunha nova edición de O Gozo Festival. Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam Rodríguez son as primeiras confirmacións do festival, que presentarán os seus directos no Monte do Gozo compostelán o sábado 11 de xullo de 2026. O Gozo Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. En 2026, O Gozo Festival celebrará a súa cuarta edición cun line-up de luxo. O proxecto O Gozo Festival, que naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, consolidouse na súa terceira edición, celebrada en 2025, cun éxito rotundo de crítica e público.
Foto de la tercera plana (20251210-rueda.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Así o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.

Notas

A mostra 'Alfredo Brañas Menéndez XIX-XXI. 125 anos do seu pasamento' chega ao Claustro Alto do Colexio de Fonseca para, en palabras da comisaria, Belén Trigo, 'buscar e descubrir os aspectos menos tratados' da figura deste intelectual rexionalista e 'establecer un diálogo entre dúas épocas', o século XIX e as primeiras décadas do século XXI. A exposición, que pode visitarse ata o 15 de xaneiro, conta cunha mostra bibliográfica con obras do autor e sobre o autor, documentos que obran no poder da USC, e 16 paneis.
Organizada polo Concello de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes, a exposición Do final e do comezo reúne as creacións que 25 novos tituladas e titulados deste centro desenvolveron como parte dos seus traballos de fin de grao . As obras de 21 egresadas e catro egresados foron seleccionadas para unha mostra que busca achegar á cidadanía o proceso de 'construción e reconstrución' como artistas que implicou a súa formación, á vez que reúne un conxunto de pezas que representen as múltiples disciplinas traballadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES