Notas de prensa

Unha exposición reivindica un lugar propio para as artistas

No seu ensaio Un cuarto propio (1929), a escritora británica Virginia Woolf incidía na necesidade de que as mulleres teñan un espazo propio para crear, idea que constitúe o punto de partida da exposición que desde este mércores pode visitarse na Sala O Abrigo, da Facultade de Belas Artes. Promovida polo colectivo estudantil Luscofusco, con motivo da conmemoración este domingo do Día Internacional da Muller, esta mostra reúne as creacións de 15 alumnas da facultade, baixo o título de Un Abrigo Propio.

“O libro de Virginia Woolf funciona como premisa”, sinalan as organizadoras dunha mostra colectiva que emprega a idea dun “cuarto propio” como fío conceptual dunha exposición que propón “formular un lugar, físico ou figurado, propio unicamente de mulleres”.

A exposición que se inaugura na tarde deste mércores reúne obras pictóricas, fotográficas ou escultóricas, nas que 15 estudantes do Grao en Belas Artes “plasman a súa idea dunha habitación propia”. Nomeadamente, a mostra presenta as creacións de Ana Piñeiro, Aroa González, Creep, Dana Latorraca, Guadalupe Díez, Loreña Añón, Marina Saavedra, Mencía Fana, Noa Fontán, Paula Romay, Rain Ramos, Sara Ricoy, Sofía Saraiba, Victoria Rodríguez e Nila.

Coordinada por Luscofusco, esta exposición poderá visitarse ata o mércores 18 na Sala O Abrigo, que acollerá tamén ao longo destas semanas diferentes “actividades con temática feminista”. Nomeadamente, sinalan as organizadoras, nos próximos días promoverase tanto un taller de poesía feminista como unha serie de coloquios con mulleres profesionais do mundo artístico.

Folk e xuventude

Fóra da programación conmemorativa do 8M, O Abrigo será tamén a próxima semana unha das sedes de Folk e Xuventude: Sons de Galiza, Valencia e Castela, un evento cultural organizado polos tamén estudantes de Belas Artes William Evans Vinuesa e Sandra Sánchez Díaz, coa colaboración da Universidade de Vigo e do Concello de Pontevedra. Estas “xornadas interterritoriais de difusión e transmisión do folk” reunirán músicos e bailadores de diferentes territorios, co propósito de “explorar a historia e a realidade contemporánea das músicas tradicionais” nestas tres comunidades.

Co obxectivo, sinalan os seus promotores, de “fomentar o coñecemento e a valoración das músicas tradicionais entre a mocidade, creando un punto de encontro entre tradición e modernidade”, este encontro arrancará o xoves 12 de marzo cun obradoiro de baile tradicional galego no Abrigo. Programado para as 18.00 horas e impartido polo bailador Manuel González Meijide, trátase dunha actividade con entrada libre ata completar a capacidade da sala. A actividade continúa ao día seguinte na sede da Vicerreitoría do Campus, cun ciclo de conversas centrado en afondar na “perspectiva de xente nova dentro do mundo da música tradicional”. Con inicio ás 16.00 horas, contará coas intervencións dos galegos Noelia Villaverde e Manuel González Meijide, da castelá Laura Silva e do valenciano Carlos Emilio Asensio.

Universidade de Vigo (UVigo), 2026-03-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES