
Dirixido tanto a especialistas consolidados como emerxentes, o encontro pretende crear un ambiente de colaboración, tanto profesional como persoal, para persoal investigador, con especial atención aos que se atopan nas primeiras etapas das súas carreiras, incluídos estudantes de mestrado, para facilitar a súa integración nas súas futuros contornas laborais.
O evento organízase en cursos, obradoiros e charlas nos que participa persoal investigador de recoñecido prestixio tanto estatal como internacional, en todas as áreas da Matemática Aplicada. O curso Redes neuronais artificiais: Principios básicos, formación e aplicacións en ecuacións diferenciais impartirao Jerónimo Rodríguez, da USC, mentres que o de métodos de orde reducida estará a cargo de Gianluigi Rozza, da Scuola Internazionale Superiore di Studi Avanzati.
Ademais, terán lugar seis conferencias convidadas con Alejandro Bandera (ULA), Saray Busto (USC), Damián Castaño (UCLM), María González (UDC), María Teresa Sánchez (UVigo) e David Zorío (UV); un obradoiro sobre Intelixencia Artificial; unha mesa redonda sobre Matemática Industrial, moderada polo profesor Alfredo Bermúdez de Castro (USC) coa participación de representantes de diversas empresas que traballan no campo; e unha sesión de pósteres para novos investigadores, para os que se deseñou un programa especial de bolsas grazas aos patrocinadores.
Compostela Numérica
O encontro ten o seu precedente na escola Zaragoza Numérica, organizada por Francisco Javier (Pancho) Sayas con carácter bienal 2003 e 2007. Tras a partida de Francisco-Javier a Estados Unidos por motivos laborais, estas escolas siguiron desenvolvéndose coa súa colaboración na distancia: Sevilla Numérica (2009 e 2011), Cádiz Numérica (2013), Ciudad Real Numérica (2015) e Valencia Numérica (2017).
Tras o seu prematuro falecemento en 2019, retomouse este evento en 2022 en Zaragoza, e logo do de Tudela en 2024, este ano será a USC quen o acolla.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.