
Ademais, acaba de ser seleccionado para expoñerse no Congreso Mundial de Xeriatría e nas Xornadas Informáticas do Hospital Italiano de Bos Aires. O proxecto tamén se probou no Hospital Piñero de Bos Aires, un dos hospitais públicos de referencia da cidade.
AVIA é unha ferramenta que permite predicir a fraxilidade e a perda de autonomía de persoas maiores con ata catro anos de antelación. Unha iniciativa que é un exemplo de como un proxecto impulsado desde a UDC pode avanzar cara á súa implementación real e converterse nunha ferramenta recoñecida internacionalmente pola súa contribución ao benestar e á innovación en saúde.
Desenvolveuse empregando técnicas de intelixencia artificial e funciona a través dunha aplicación web que facilita a prevención, a toma de decisións en saúde e o deseño de políticas públicas baseadas en datos.
Este desenvolvemento naceu no marco do LABIC, o Laboratorio de Innovación Cidadá organizado pola Universidade da Coruña co apoio da Secretaría Xeral Iberoamericana (SEGIB) en 2024. Foi neste espazo colaborativo onde equipos multidisciplinares traballaron conxuntamente para dar forma a unha solución tecnolóxica orientada a mellorar a calidade de vida e a xerar impacto social.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.