Notas de prensa

A primeira edición do Festival Internacional de Jazz de Vigo, Imaxina Sons, desenvolverase entre o 16 de xuño e o 3 de xullo

O evento, coordinado pola contrabaixo Baldo Martínez, nace co obxectivo de encher un espazo baleiro no panorama musical galego en particular e español en xeral.

O concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, Ignacio López-Chaves Castro, presentou hoxe o I Festival Internacional de Jazz de Vigo, "Imaxina Sons", que terá lugar entre o 16 de xuño e o 3 de xullo en distintos escenarios da cidade.
O evento, que contará cun orzamento de 300.000 euros segundo o concelleiro, ven a ocupar un espazo baleiro e completar a oferta musical viguesa que xa conta co Are More, o Ciclo de Música Sacra e o Ciclo “Xeración 2000+5”.
“Queríamos un festival con identidade propia, que aportase algo diferente e non fose un festival de jazz máis”, explicou Ignacio López-Chaves.
Para desenvolver o proxecto, o concelleiro destacou que foi preciso contactar cun director artístico “atopado na persoa de Baldo Martínez, músico de jazz que coñece á perfección a realidade deste estilo”.
“Imaxina sons” é un proxecto municipal que xurde como resposta á necesidade de contemplar a realidade do Jazz actual no ámbito máis próximo, tanto xeográfica como culturalmente, enchendo un espazo baleiro nos festivais de Jazz en España: a perspectiva máis europea do noso Jazz, unha visión que amose a auténtica actualidade desta música ao marxe de condicionantes comerciais, cubrindo así unha demanda cultural dende hai tempo patente tanto na cidade de Vigo como no resto de Galicia.
Deste xeito poderase disfrutar por primeira vez en España do Octeto de Gianlui Trovesi ou o último proxecto de Daniel Humair, "Baby Boom". Tamén de outros músicos españois como Ramón López "Eleven Drums Songs" ou a omenaxe a rnet de Agustí Fernández, e sin esquecer a presenza novidosa para algún, do violonchelo en Jazz de Vicent Courtois, colaborador habitual de Louis Sclavis.

A organización I Festival Internacional de Jazz de Vigo ten como obxectivos:
1. Amosar con periodicidade anual a actualidade do jazz, facendo especial mención naquelas propostas de calidade que aposten pola innovación e a orixinalidade, e que aporten novidades ao Jazz nos tres ámbitos xeográficos nos que nos movemos: Galicia, España, Europa.
2. Apoiar especialmente aos músicos que realizan a súa actividade no ámbito galego, mantendo unha presencia dos seus proxectos no festival e contribuíndo así á su difusión exterior.
3. Atender á actualidade jazzística no resto de España, con especial atención ás tendencias máis novidosas.
4. Centrar a presencia extranxeira no Jazz europeo, xenerador da maior evolución na historia contemporánea do Jazz, sen renunciar a presencias puntuais do jazz latino ou americano.
5. Conseguir que Vigo se convirta en referencia dos festivais á vanguardia do Jazz, con novas iniciativas que se irán introducindo en sucesivas edicións.
Para acadar estes fins, “Imaxina Sons” desenvolverase a través de múltiples e diferentes actividades, como son os concertos programados nos teatros e auditorios do Centro Cultural Caixanova, o Auditorio Municipal, e o Conservatorio Superior de Música, onde actuarán Miroslav Vitous Quartet, Nils Wogran y Aber Ãbade, respectivamente, entre outros artistas; as actuacións ao aire libre na Praza da Estrela e os pasarrúas nas principais zonas peatonais da cidade, as actuacións nocturnas en diversos locais da cidade e a celebración de mesas redondas, exposicións, debates e conferencias.
Os bonos con prezos reducidos para os catro concertos que terán lugar no Centro Cultura Caixanova poderán adquirirse do 29 de abril ao 21 de maio. As entradas soltas, a partir do 23 de maio e a venta telefónica, no 986.110.500 ou 902.504.500, ou ben na web www.caixanova.es.
O prezo dos bonos é de 43 euros a butaca; 40 euros o 1º anfiteatro; 37 euros o 2º anfiteatro e 33 euros o 3º anfiteatro.

Departamento de Cultura do Concello de Vigo, 2005-04-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (gozo-festival-2026.jpg) Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegarán a mellor música internacional do momento a Santiago de Compostela cunha nova edición de O Gozo Festival. Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam Rodríguez son as primeiras confirmacións do festival, que presentarán os seus directos no Monte do Gozo compostelán o sábado 11 de xullo de 2026. O Gozo Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. En 2026, O Gozo Festival celebrará a súa cuarta edición cun line-up de luxo. O proxecto O Gozo Festival, que naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, consolidouse na súa terceira edición, celebrada en 2025, cun éxito rotundo de crítica e público.
Foto de la tercera plana (20251210-rueda.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Así o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.

Notas

A mostra 'Alfredo Brañas Menéndez XIX-XXI. 125 anos do seu pasamento' chega ao Claustro Alto do Colexio de Fonseca para, en palabras da comisaria, Belén Trigo, 'buscar e descubrir os aspectos menos tratados' da figura deste intelectual rexionalista e 'establecer un diálogo entre dúas épocas', o século XIX e as primeiras décadas do século XXI. A exposición, que pode visitarse ata o 15 de xaneiro, conta cunha mostra bibliográfica con obras do autor e sobre o autor, documentos que obran no poder da USC, e 16 paneis.
Organizada polo Concello de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes, a exposición Do final e do comezo reúne as creacións que 25 novos tituladas e titulados deste centro desenvolveron como parte dos seus traballos de fin de grao . As obras de 21 egresadas e catro egresados foron seleccionadas para unha mostra que busca achegar á cidadanía o proceso de 'construción e reconstrución' como artistas que implicou a súa formación, á vez que reúne un conxunto de pezas que representen as múltiples disciplinas traballadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES