Notas de prensa

A Coruña acollerá o 'Datafórum Xustiza 2026', o maior congreso de dixitalización da Xustiza

A Coruña acollerá en outubro o principal congreso dedicado á dixitalización, o uso dos datos e a transformación do servizo público de Xustiza, 'DATAfórum Xustiza 2026', no que persoal experto, institucións e empresas reuniranse para debater os desafíos do ecosistema xudicial na era dixital. O evento está organizado polo Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, en colaboración coa Universidade da Coruña e o Concello da Coruña.

DATAfórum consolidouse como espazo estratéxico para impulsar a modernización do sistema xudicial, con máis de 1.500 persoas rexistradas no ano 2025. Durante varias xornadas, o foro reunirá a especialistas e actores clave para analizar os retos da xustiza na era dixital. Trataranse cuestións prioritarias como a intelixencia artificial, a ciberseguridade, os dereitos fundamentais e o impacto social das novas tecnoloxías. O programa incorporará unha mirada humanista que integra a ética, a cultura e a innovación como eixos de transformación.

Un impulso á dixitalización e ao talento

Este ano o evento contará con conferencias maxistrais, mesas de debate, talleres prácticos e espazos de encontro dirixidos a estudantado, asociacións e empresas innovadoras do sector. O obxectivo é avanzar cara a unha Xustiza máis dixitalizada, accesible, inclusiva e próxima á cidadanía.

Entre as actividades máis destacadas está o DATAthon Xustiza, un reto para o talento novo no que se reúnen estudantes de distintas universidades españolas, organizados por equipos multidisciplinares, para desenvolver solucións tecnolóxicas innovadoras ante os desafíos vinculados á Xustiza.

Tras o éxito da súa edición 2025 en León, que reuniu a máis de 1.500 profesionais, 40 institucións públicas, 36 empresas tecnolóxicas e 8 universidades, con 168 relatores e 212 actividades, o DATAfórum consolídase como o principal espazo para visibilizar proxectos de dixitalización e fortalecer a colaboración entre administracións, sector privado e academia.

Universidade da Coruña (UDC), 2026-02-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES