
A proposta da banda parte das recollidas, un traballo feito coa colaboración de moitas mulleres e homes que desinteresadamente contribúen a preservar a riqueza da música e da tradición. En 2023, foron os gañadores do Premios Xuventude Crea na categorÃa de música.
O acceso ao concerto é de balde, previa recollida de entrada (só unha por persoa) desde as 20.40 horas na Igrexa da Universidade, o mesmo dÃa do concerto. A apertura de portas producirase tamén ás 20.40 horas.
A Xunta habilitou hoxe un apartado especÃfico dentro da páxina web de MeteoGalicia para facilitar o acceso e as consultas relacionadas coa predición do tempo en todos os concellos galegos durante a xornada da eclipse solar, prevista para o vindeiro dÃa 12 de agosto. Galicia será unha das rexións nas que mellor se poderá observar este fenómeno astronómico de carácter excepcional, aÃnda que non en todas as zonas se apreciará por igual. De feito, no espazo web dedicado ao tempo durante a eclipse hai un mapa con todos os concellos sobre o que se indica en cales será total e en cales se verá de forma parcial.
Co obxectivo de pór en valor os máis de 2.555 quilómetros de litoral que posúe Galicia, a Xunta ven de lanzar o Camiño do Litoral. Trátase dun itinerario único que discorre por 78 municipios costeiros a través de 52 etapas, concibido para ofrecer unha alternativa de turismo sustentable e amosar a convivencia entre a conservación ambiental e o desenvolvemento socioeconómico da zona. Esta gran ruta vertebradora, que xurde como unha das medidas clave ao abeiro da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, conecta espazos naturais, vilas mariñeiras e un rico patrimonio.