
A directora xeral de Recursos Mariños, Carmen Bouso, reunÃuse con membros da Federación Galega de ConfrarÃas para abordar á explotación dos recursos en augas interiores. A ConsellerÃa de Pesca e Asuntos MarÃtimos e o sector acordaron o establecemento dunha veda para o polbo entre o 15 de xuño e o 15 de xullo. Trátase dunha medida de
protección desta especie, por ser este un periodo no que abundan os exemplares pequenos.
Na xuntanza tamén se decidiu manter ata o 1 de setembro o tope de 40 quilos de polbo por tripulante e dÃa, eliminando o anterior de 160 quilos por embarcación e dÃa. Búscase asà evitar aportacións masivas de polbo ó mercado e a consecuente baixada dos prezos.
Estas medidas serán consensuadas, e no seu caso ratificadas, na Comisión de Artes Fixas e Menores do Consello Galego de Pesca. Na reunión coa Federación Galega de ConfrarÃas, o sector comprometeuse, ademais, a desenvolver un Plan de explotación do polbo con medidas a medio e longo prazo. A administración autonómica comprometeuse a analizar detidamente esta proposta.
Tres dÃas de adianto na campaña da nécora
Por outra banda, Pesca estudiará a solicitude do sector para adiantar
en tres dÃas o levantamento da veda da nécora, comenzando a campaña o 18
de xullo. Esta proposta será aprobada, tras ser consensuada entre
administración e o sector próximamente no Consello Galego de Pesca,
proximamente. Ademais, a Federación Galega de ConfrarÃas propuxo outra
serie de medidas relacionadas coa pesca en augas interiores, iniciativas
que tamén serán analizadas no Consello Galego de Pesca.
Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegarán a mellor música internacional do momento a Santiago de Compostela cunha nova edición de O Gozo Festival. Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam RodrÃguez son as primeiras confirmacións do festival, que presentarán os seus directos no Monte do Gozo compostelán o sábado 11 de xullo de 2026. O Gozo Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. En 2026, O Gozo Festival celebrará a súa cuarta edición cun line-up de luxo. O proxecto O Gozo Festival, que naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, consolidouse na súa terceira edición, celebrada en 2025, cun éxito rotundo de crÃtica e público.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Asà o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.