
A exposición coordinada por Rial xunto co documentalista e participante no taller Xan Leira inaugurase este mércores ás 19.00 horas e poderá visitarse ata o 27 de febreiro neste espazo coordinado polo colectivo estudantil Luscofusco xunto co Vicedecanato de Cultura. O seu responsable, Ignacio Pérez-Jofre, destaca o positivo dunha colaboración que permite establecer lazos cunha entidade cultural moi activa, ao tempo que achega á facultade unha serie de exemplos dunha vía de traballo co gravado contemporáneo moi estimulante, nunha exposición que reúne tamén traballos de artistas formadas na facultade.
O gravado como "territorio en constante revisión
A exposición presenta as obras de Marisa Baliño, María Blanco, Pepa Blanco, J.M. Bastón, María Dobronich, Xan Leira, Lidia Nieves, Brenda Novas, Antonio Pazo, M. Pizcueta, Marcela R., Pablo Rial, Ara Ruibal e Renata Sierra. Todas elas, sinala Rial, son resultado dun traballo moi libre, tanto en técnicas como en temática, desenvolvido no marco dun taller que presenta como un espazo de aprendizaxe colectiva e de investigación continúa.
Este proceso, engade, parte en primeiro tempo da experimentación con outros tipos de placas distintas ás de zinc ou cobre, o que leva os participantes a traballar con distintos materiais industriais ou mesmo con materiais atopados, que xa de por si teñen unha textura. A partir de aí, experimentamos coas técnicas que están aprendendo, co propósito de saber o que nos poden achegar eses materiais, ao tempo que avanzan no dominio de diferentes técnicas de estampación. Así, nesta mostra poden verse obras realizadas con punta seca, xilografía, colografía, carborundo, ás que suman outros procedementos como o colaxe, contribuíndo a que cada gravado sexa unha obra única.
A exposición, engade o seu comisario, nace da necesidade de compartir procesos, dúbidas e metodoloxías que se desenvolven no seo do noso taller, entendendo o gravado contemporáneo como un territorio expandido en constante revisión e afastado de calquera formulación pechada e normativa. Nese senso, Un mar de gravados permite tamén presentar un contexto de traballo, no que a obra múltiple é entendida como un campo de experimentación e que define a traxectoria dunha asociación que iniciou a súa andaina en 2018 e que, xunto a diferentes exposicións, impulsa tamén o concurso internacional MiniPrint Galicia.
Actividades na xornada do xoves
Da man tamén de Luscofusco e da Delegación de Estudantes, Belas Artes acollerá diferentes actividades na xornada do xoves, co gallo da celebración do Entroido e de San Valentín. Concretamente, entre as 10.00 e as 18.00 horas terá lugar un mercado no que o alumnado presentará as súas creacións, mentres que ás 16.30 horas O Abrigo acollerá un concerto de Sudden Ray of Hope. Esta actuación verase continuada ás 18.15 horas por un open mic, aberto ás intervencións de calquera participante.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.