
Os avances que achega o proxecto InNoPor, do programa Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA), serán clave para optimizar procesos enerxéticos, mellorar técnicas de remediación ambiental é dicir, as accións destinadas a limpar e restaurar lugares contaminados para protexer a saúde e a contorna e anticipar fenómenos naturais como a dispersión de cinza volcánica ou o fluxo de coadas de lava. Ademais, o proxecto terá impacto en aplicacións biomédicas, por exemplo, na administración eficiente de medicamentos en tecidos complexos.
O consorcio internacional, formado por oito institucións de Europa e América, traballará en conxunto durante os próximos anos para deseñar modelos matemáticos e algoritmos máis precisos e robustos. Desenvolverase un software de código aberto que integrará estes avances e validarase con datos reais, como os fluxos de lava ocorridos na Palma en 2021. Así mesmo, o proxecto contempla estudar fenómenos que involucran múltiples fases e efectos térmicos, o que abrirá a porta a aplicacións aínda máis complexas.
As entidades que participan neste proxecto son a University of Strathclyde (UK), RWTH Aachen (Alemaña), Kiel University (Alemaña), WIAS Berlin (Alemaña), IGME-CSIC (España), Universidade de Concepción (Chile) e Universidade do Bio-Bio (Chile).
Sobre o CITIC
O CITIC é un centro de investigación que potencia o avance e a excelencia en I+D+i aplicada ás TIC, creado en 2008 pola Universidade da Coruña. A actividade científica do centro estrutúrase en catro áreas de investigación principais: Intelixencia artificial; Ciencia e Enxeñería de Datos; Computación de Altas Prestacións; e Servizos e Redes Intelixentes, e unha área de investigación transversal a todas elas: a de Ciberseguridade.
O CITIC está acreditado como Centro de Excelencia e membro da Rede CIGUS para o período 2024-2027, o que avala a calidade e impacto da súa investigación. A acreditación, estruturación e mellora do CITIC está cofinanciada pola Xunta de Galicia e nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2021-2027, co obxectivo temático de promover unha Europa máis intelixente: transformación económica innovadora e intelixente (ED431G 2023/01).
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.