Neste ano e na segunda edición da iniciativa, a entidade homenaxeada é o Museo do Pobo Galego de quen a AELG subliña o seu intenso traballo a prol do noso patrimonio cultural e identitario. A AELG, cuxas asembleas e actividades acolle desde sempre o propio Museo, encargou ao Presidente da Real Academia Galega a laudatio da institución homenaxeada nun acto que vai congregar en Compostela, no Auditorio do propio Museo, á directiva da AELG, aos seus socios e socias, aos diferentes membros do Padroado do Museo do Pobo Galego e a numerosas personalidades da vida cultural e social galega como Salomé Ãlvarez (Vicepresidenta segunda do Parlamento), Senén Barro(reitor da Universidade de Compostela), Bautista Ãlvarez (Fundación Bautista Ãlvarez),Teresa Táboas (Decana-Presidente do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia), LuÃs Bará(Concelleiro de Cultura de Pontevedra), Mª Xosé Jamardo(Mesa pola Normalización LingüÃstica), Xoan Costa Casas (Presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega), Carlos del Pulgar(Nova Galicia Edicións), Xosé Agrelo(Edicións Toxosoutos),Avelino Pousa Antelo(Fundación Castelao), Néstor Rego (Concelleiro de Cultura de Santiago de Compostela), Xosé Manuel Beiras, Anxo Quintana, Xesús Seixo (Secretario Xeral da CIG), Xaime Bello (Vicepresidente da Deputación da Coruña). à parte confirmaron a súa asistencia outras personalidades relevantes do panorama das letras galegas como Mª Xosé Queizán, David Otero, Salvador GarcÃa Bodaño, Xoan Xosé Fernández Abella, Euloxio R. Ruibal e Bernardino Graña.
O Museo do Pobo Galego foi creado en 1976 e ten a súa sede no convento de San Domingos de Bonaval, cedido polo Concello de Santiago de Compostela. É un museo que conserva e estuda a nosa cultura espiritual e material e que tamén organiza exposicións, cursos, congresos, etc.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega ten desde este ano un novo equipo directivo presidido polo poeta ourensán Cesáreo Sánchez e do que tamén forman parte Marica Campo, Marta Dacosta, Anxo Gómez, Xerardo Méndez, Isidro Novo, AntÃa Otero, Xabier Queipo, Mercedes Queixas, Carlos Quiroga, Henrique Rabuñal e Marga Romero.
Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegarán a mellor música internacional do momento a Santiago de Compostela cunha nova edición de O Gozo Festival. Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam RodrÃguez son as primeiras confirmacións do festival, que presentarán os seus directos no Monte do Gozo compostelán o sábado 11 de xullo de 2026. O Gozo Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. En 2026, O Gozo Festival celebrará a súa cuarta edición cun line-up de luxo. O proxecto O Gozo Festival, que naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, consolidouse na súa terceira edición, celebrada en 2025, cun éxito rotundo de crÃtica e público.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Asà o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.