Vento Mareiro é un espectáculo que ten o mar como razón de ser. A estreita colaboración entre o actor e os músicos leva ó espectador á unha viaxe chea de humor que vai desde Irlanda ata Colombia, pasando por Galicia. O resultado combina a capacidade da música para transmitir sentimentos coas dotes de Avelino González como narrador. A entrada será gratuita.
A obra está composta por contos que teñen como tema principal o mar, xa sexa nunha historia sobre a emigración o noutra sobre o Gran Sol. Os textos foron escritos por Manuel Rivas, Xurxo Souto, Avilés de Taramancos e o propio Avelino González, que tamén dirixe o espectáculo. Para el mesmo este espectáculo é como ”sentar á beira dun bó conversador, fonte de historias, sucesos e anécdotas amables, tráxicas ou canallas.”
Avelino Gónzález leva xa máis de dezaseis anos actuando por toda España e Portugal. Dende fai cinco anos tamén vén traballando como autor dramático e director. Nestes dous campos destaca a posta en escea da súa obra “Bicos con lÃngoa” pola que recibiu o ano pasado o premio MarÃa Casares ó mellor texto orixinal e foi nominado na categorÃa de mellor dirección. Ademáis o actor compaxina as táboas cunha constante actividade como narrador oral que o levou a percorrer locais de toda Galicia e Madrid.
Caramuxo creouse no ano 1989 a partir do cuarteto de clarinetes da Orquestra Clásica de Vigo. Hoxe en dÃa está composto por Patricia Cela, na percusión; Alonso Caxade, no acordeón; Fernando Abreu, no clarinete baixo; e Xoán Carlos Vázquez e Óscar Prieto, nos clarinetes.
Os seus músicos xa pasaron por agrupacións coma a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Xove Orquestra de Galicia ou a Real FilarmonÃa. O seu repertorio abrangue a música tradicional, o jazz e mesmo a música clásica.
AÃnda que esta sexa a primeira vez que se fai unha xira con este espectáculo, o ano pasado xa se realizaron dúas funcións: unha en Santiago de Compostela e outra en Cee. O calendario de actuacións recolle actuacións durante Abril e Maio nalgunhas das principias vilas galegas.
Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegarán a mellor música internacional do momento a Santiago de Compostela cunha nova edición de O Gozo Festival. Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam RodrÃguez son as primeiras confirmacións do festival, que presentarán os seus directos no Monte do Gozo compostelán o sábado 11 de xullo de 2026. O Gozo Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. En 2026, O Gozo Festival celebrará a súa cuarta edición cun line-up de luxo. O proxecto O Gozo Festival, que naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, consolidouse na súa terceira edición, celebrada en 2025, cun éxito rotundo de crÃtica e público.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Asà o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.