
O vicepresidente segundo e conselleiro de Medio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro Fernández, presentou, no decurso da xuntanza do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos, o borrador do Plan Estratéxico de Protección de Animais Domésticos para Galicia. Con esta iniciativa a ConsellerÃa de Medio Ambiente pretende avanzar nas medidas para garantir o benestar animal e a seguridade da poboación.
A presentación do borrador nesta xuntanza ten como obxectivo plantexarlle aos sectores implicados as liñas estratéxicas previstas nesta materia e promover o diálogo para que os interesados realicen as achegas que consideren oportunas. Trátase dun documento de traballo que Barreiro pretende consensuar e elaborar coas administracións e entidades relacionadas coa protección animal.
LIÑAS ESTRATÉXICAS
O Plan Estratéxico de Proteccion de Animais Domésticos para Galicia recolle unha serie de actuacións para avanzar na tenza responsable de animais domésticos, evitar o abandono, mellorar os soportes legais e administrativos e impulsar a divulgación e a sensibilización social neste eido.
Con estes obxectivos, a ConsellerÃa de Medio Ambiente traballará para mellorar o coñecemento da realidade actual de protección de animais domésticos e incrementará os recursos para garantir o benestar desta comunidade animal. Nesta liña, prevese estudar en detalle os abandonos e as causas que os motivan en Galicia e impulsar entre os concellos, como responsables da recollida de animais abandonados, unha rede de centros especÃfica; afondar no control dos establecementos de animais domésticos e salvaxes en catividade; e avanzar na aplicación da legislación sobre o réxime xurÃdico de tenza de animais potencialmente perigosos.
A educación e sensibilización social ocuparán un lugar destacado neste programa de actuacións, xa que Medio Ambiente entende que só a través dunha conciencia ambiental formada se poderá garantir o cumprimento da lexislación e se avanzará no benestar animal e social.
AVANCES AMBIENTAIS
Na xuntanza do consello fÃxose tamén unha análise xeral da situación actual dos animais domésticos na comunidade galega e dos avances acadados nesta materia nos últimos anos. Segundo os datos que manexa a ConsellerÃa de Medio Ambiente, máis de 200.000 cans teñen xa implantado o microchip obrigatorio, un elemento indispensable para impulsar a tenza responsable dos animais de compañÃa en Galicia.
O departamento que dirixe Xosé Manuel Barreiro realizou importantes esforzos para desenvolver a lexislación de protección de animais e a lexislación do réxime xurÃdico da tenza de animais potencialmente perigosos. Ademais, concedéronse axudas para a mellora e construcción de centros de recollida de animais abandonados e procedeuse á posta en marcha do Rexistro Galego de Identificación de Animais de CompañÃa (Regiac). Tamén as campañas de sensibilización sobre a tenza responsable de animais se inclúen entre as actividades programadas pola ConsellerÃa de Medio Ambiente.
EXPEDIENTES
A ConsellerÃa de Medio Ambiente iniciou entre 2002 e 2005 un total de 98 expedientes de protección animal e outros 223 expedientes por tenza de animais potencialmente perigosos. Por provincias, na Coruña tramitáronse 33 documentos relativos a denuncias por incumprimento da lexislación de protección animal e 79 por cans potencialmente perigosos. En Lugo abrÃronse 19 expedientes pola primeira causa e 14 pola segunda, mentres que na provincia de Ourense a protección animal centrou 12 documentos e a tenza de animais potencialmente perigosos outros 10 procedementos. Pola súa banda, Medio Ambiente iniciou 34 expedientes en materia de protección animal na provincia de Pontevedra e outros 120 por tenza de animais potencialmente perigosos.
Cómpre salientar os esforzos que a ConsellerÃa de Medio Ambiente está a centrar para detectar os casos de maltrato ou desatención aos animais domésticos ou salvaxes en catividade. De feito, o departamento que dirixe Xosé Manuel Barreiro impuxo este ano a sanción máis elevada ata o de agora en materia de protección animal –que ascendeu a 6.000 euros- a un veciño que Boiro (A Coruña) que maltratou e aforcou ao seu can. Tamén é importante a conciencia ambiental que está a amosar a poboación galega, xa que este caso, como moitos outros deste tipo, foron detectados e denunciados polos propios cidadáns, sensibilizados coa defensa dos dereitos dos animais.
Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegarán a mellor música internacional do momento a Santiago de Compostela cunha nova edición de O Gozo Festival. Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam RodrÃguez son as primeiras confirmacións do festival, que presentarán os seus directos no Monte do Gozo compostelán o sábado 11 de xullo de 2026. O Gozo Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. En 2026, O Gozo Festival celebrará a súa cuarta edición cun line-up de luxo. O proxecto O Gozo Festival, que naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, consolidouse na súa terceira edición, celebrada en 2025, cun éxito rotundo de crÃtica e público.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Asà o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.