Notas de prensa

Unirisco, un cuarto de século 'achegando a Universidade á empresa'

'Unirisco é unha ferramenta para achegar a Universidade á empresa, unha pasarela para volver o coñecemento útil'. Así se referiu o reitor Antonio López Díaz á que é a primeira empresa de capital risco vinculada aos proxectos procedentes das Universidades. O Colexio de Fonseca acolleu este xoves 13, no Salón Nobre, o 25 aniversario da entidade nun acto que contou tamén coas intervencións do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela; e da directora xeral de Unirisco, Inmaculada Rodríguez Cuervo.

A sesión serviu para facer balance da historia da entidade, motivo polo cal se proxectou un vídeo coa intervención de Darío Villanueva, reitor no momento da creación de Unirisco. O profesor Villanueva definiu as universidades como “factorías de coñecemento” e destacou que a creación de Unirisco obedeceu ao que el sempre considerou unha misión esencial do sistema universitario, “a transmisión de coñecemento para xerar riqueza”. No acto tamén interviñeron Carmen Pampín, directora xeral e cofundadora de Galchimia; Julio Castro, cofundador de Palobiofarma e Oncostellae; e Maruxa Quiroga, directora e cofundadora de Tastelab, todas elas empresas participadas por Unirisco.

Dende a súa creación en 2000, Unirisco investiu en máis de 40 startups e spin-offs xurdidas de universidades e centros de investigación, consolidando sectores estratéxicos como a biotecnoloxía, saúde, alimentación, intelixencia artificial e economía circular. Cun investimento acumulado superior aos seis millóns de euros, a sociedade contribuíu a xerar emprego cualificado e a situar Galicia como referente en innovación. En palabras de Inmaculada Rodríguez Cuervo, “este aniversario reafirma o noso propósito: seguir apostando por proxectos disruptivos que nacen do talento científico e que teñen capacidade para transformar a sociedade”.

Unirisco é unha sociedade privada de capital risco participada por universidades galegas e empresas líderes, que inviste en fases temperás de proxectos científicos e tecnolóxicos con potencial global. O seu modelo único en España integra a todos os actores da cuádrupla hélice: academia, administración, empresa e sociedade.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2025-11-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES