
Soamente, desde o compromiso individual e colectivo poderá tutelarse dun xeito efectivo o dereito á vida e á integridade dos traballadores e traballadoras que conformamos a sociedade galega.
Para lograr este obxectivo é preciso consolidar e estender unha auténtica cultura da prevención de riscos laborais que debe basearse na coparticipación e o diálogo entre administracións públicas, empresarios, organizacións sindicais e traballadores, anticipándose aos permanentes cambios no eido socio-laboral.
Baixo estas premisas, a Xunta de Galicia, no desenvolvemento do Plan de Actuación na Ãrea de Seguridade e Saúde Laboral, vén desenvolvendo polÃticas de promoción da prevención, de información e de formación dos traballadores, de asesoramento técnico aos empresarios e de control das condicións de seguridade con plans de actuación especÃficos destinados, prioritariamente, aos sectores de actividade económica cualificados de “alto risco”, ás pequenas e medianas empresas e, especificamente, a aquelas empresas que concentran uns maiores Ãndices de sinistralidade.
Desde aquÃ, faise un chamamento ás empresas e traballadores para que o “principio de protección eficaz da saúde” nos centros de traballo sexa real, para o cal cómpre que a colaboración e entendemento no deseño da acción preventiva sexa un traballo en común.
Dar un pulo á acción preventiva indo máis alá dos meros cumprimentos formais, concibir a prevención como algo inherente ao propio traballo, asumir a idea de que a organización e a xestión preventiva constitúe hoxe unha demanda dunha sociedade como a galega, democrática e moderna.
Como non pode ser doutro xeito, o Consello da Xunta de Galicia manifesta a súa adhesión ás organizacións, entidades, colectivos e axentes sociais que celebran o dÃa da seguridade e saúde no traballo, asà como a súa vontade inequÃvoca de traballar xuntos a prol de que valores fundamentais que contribúan de xeito decisivo á integración definitiva da prevención no traballo en todos os ámbitos da sociedade galega.
Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegarán a mellor música internacional do momento a Santiago de Compostela cunha nova edición de O Gozo Festival. Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam RodrÃguez son as primeiras confirmacións do festival, que presentarán os seus directos no Monte do Gozo compostelán o sábado 11 de xullo de 2026. O Gozo Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. En 2026, O Gozo Festival celebrará a súa cuarta edición cun line-up de luxo. O proxecto O Gozo Festival, que naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, consolidouse na súa terceira edición, celebrada en 2025, cun éxito rotundo de crÃtica e público.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Asà o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.