PolÃtica Agroalimentaria rexeita a non inclusión de Galicia nas axudas por xeadas
A ConsellerÃa de PolÃtica Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural rexeita que o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación non inclúa a Galicia no último Real Decreto que recolle as axudas para paliar os danos por xeadas.
Deste xeito, o Goberno central non accede á solicitude unánime de todos os grupos do Congreso dos Diputados do pasado 20 de abril. Neste sentido, o conselleiro de PolÃtica Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, José Antonio Santiso Miramontes, pedira que Galicia fora incluÃda no programa de axudas para paliar os danos tanto por xeadas como por seca, na última conferencia sectorial de Agricultura y Desarrollo Rural celebrada o pasado 18 de abril.
Elena Espinosa explicou que a tramitación das axudas realizarÃase cando o Ministerio tivera a avaliación dos danos, avaliación que polo momento non foi remitida polas ConsejerÃas das Comunidades afectadas.
A ConsellerÃa de PolÃtica Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural está a facer as investigacións pertinentes dos danos das xeadas na produción, que no caso da galega e debido aos tipos de cultivo non poderán ser fiables ata pasado un tempo no que se comprobe a súa influencia real. A continuación esta avaliación será remitida ao Ministerio.
Gabinete de Comunicación da ConsellerÃa de PolÃtica Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, 2005-04-28
Actualidad

A Xunta de Galicia completou esta semana os trámites para a autorización dos nove proxectos de repotenciación voluntaria de parques eólicos recibidas entre finais de 2023 e comezos de 2024 e que permitirán suprimir 286 aeroxeradores do territorio galego asà como, coa mesma potencia, incrementar un 35 % a produción de enerxÃa renovable. Trátase dun procedemento que destacou pola súa axilidade pois os prazos de autorización administrativa acurtáronse considerablemente, completándose en menos dun ano desde a recepción do proxecto definitivo e cumprindo asà co mandato comunitario de axilizar as xestións e garantir que non se alongan máis de dous anos.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na asemblea xeral Comisión do Arco Atlántico da Conferencia das Rexións Periféricas MarÃtimas en Sevilla, na que se fixo balance do último ano e se presentaron as previsións para 2026. O director xeral interveu na sesión Un novo marco financeiro plurianual da UE: que hai para o Atlántico, onde defendeu un futuro da polÃtica de cohesión descentralizado e o rexeitamento ao cambio de modelo cara un plan único por estado membro, postura baseada nas experiencias previas que mostran que os programas operativos rexionais son a fórmula máis eficiente para a xestión dos orzamentos destinados á cohesión.
Notas
Poucas figuras teñen deixado tanta pegada no imaxinario colectivo galego como a de Isaac DÃaz Pardo (1920-2012). As súas múltiples facetas como deseñador, ceramista, pintor, empresario e intelectual convertérono nun emblema da identidade cultural galega. Precisamente neste 2025, no que se lle dedica o DÃa das Artes Galegas, a Universidade de Vigo quere renderlle homenaxe e contribuÃr a difundir o seu traballo e legado. Para facelo, este venres inaugurouse a mostra Isaac DÃaz Pardo.
A Alameda de Santiago será esta fin de semana o escenario de Compos(tech)la, un dos múltiples eventos do proxecto Santiago en Vivo para fortalecer o tecido empresarial e dinamizar a economÃa. A feira tecnolóxica contará co protagonismo da Universidade de Santiago, que levará durante o sábado e o domingo ao parque compostelán algúns dos seus centros de investigación e servizos.