Notas de prensa

A Xunta investirá 880.976 euros para infraestructuras rurais nos 12 concellos das comarcas de Chantada, Terra de Lemos e Quiroga

O conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, José Antonio Santiso Miramontes asinou acordos de colaboración con 17 concellos das Comarcas de Chantada, Terra de Lemos e Quiroga, cunha asignación total de 880.976 euros, dentro do “Programa de Cooperación para Infraestruturas Rurais”, dotado con 20 millóns de euros.

COMARCA DE CHANTADA

No concello de Carballedo investiranse 72.492,72 euros nos proxectos de camiños de estrada de Cartelos a Trasar de Sabugueiro, Loureiro de Abaixo a Rañadoiro e outros.

No concello de Chantada investiranse 104.032,1 euros nos proxectos de camiños de Aspa a Vilardamos, de acceso ao depósito e outros.

No concello de Taboada investiranse 96.718,07 euros nos proxectos de rexeneración de camiños de Nogueira a N- 540 e de Susá a Bouzoa.


COMARCA DE QUIROGA

No concello de Folgoso do Caurel investiranse 58.578,6 euros no proxecto de obras varias no concello.

No concello de Quiroga investiranse 84.413,93 euros nos proxectos de camiños en Quinta de Lor, na montaña de Lor e outros.

No concello de Ribas de Sil investiranse 45.093,17 euros no proxecto de rexeneración de camiños de Resolío a Lousadela e da Cabarca.

COMARCA DE TERRA DE LEMOS

No concello de Bóveda investiranse 50.958,38 euros no proxecto de camiño de Freituxe e outros.

No concello de Monforte de Lemos investiranse 74.764,45 euros nos proxectos de camiños en Piñeira, no de acceso a Reigada e outros.

No concello de Pantón investiranse 74.335,76 euros no proxecto de rexeneración de camiños de Pereiroas, de Vila do Mato e outros.

No concello de A Pobra do Brollón investiranse 65.199,44 euros no proxecto de rexeneración de camiños de acceso a núcleos rurais, e de camiños na parroquia de Cereixa e outras.

No concello de Saviñao investiranse 85.353,6 euros nos proxectos de camiños de Santa Mariña a Quintairo, de acceso á Igrexa de Rebordaos e outros.

No concello de Sober investiranse 69.035,9 euros nos proxectos de camiños de de Gundivós, de Palacio a Santo Estevo e outros.

CRITERIOS OBXECTIVOS

A asignación que corresponde a cada concello determinase segundo criterios obxectivos consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Estes criterios fan referencia á poboación e número dos núcleos, á súa superficie, ao número de entidades de poboación de menos de 1.000 habitantes, á despoboación rexistrada entre 1991 e 2003, e á poboación maior de 64 anos.

VISITA

O conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, José Antonio Santiso Miramontes, visitou as instalación da cooperativa Icos, dedicada á comercialización de leite, á fabricación de pensos e á prestación de servizos aos gandeiros. As modernizacións ás que foron sometidas as instalacións supuxeron unha inversión de case 500.000 euros, dos que a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural subvencionou preto de 250.000 euros.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, 2005-04-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (gozo-festival-2026.jpg) Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegarán a mellor música internacional do momento a Santiago de Compostela cunha nova edición de O Gozo Festival. Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam Rodríguez son as primeiras confirmacións do festival, que presentarán os seus directos no Monte do Gozo compostelán o sábado 11 de xullo de 2026. O Gozo Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. En 2026, O Gozo Festival celebrará a súa cuarta edición cun line-up de luxo. O proxecto O Gozo Festival, que naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, consolidouse na súa terceira edición, celebrada en 2025, cun éxito rotundo de crítica e público.
Foto de la tercera plana (20251210-rueda.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Así o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.

Notas

A mostra 'Alfredo Brañas Menéndez XIX-XXI. 125 anos do seu pasamento' chega ao Claustro Alto do Colexio de Fonseca para, en palabras da comisaria, Belén Trigo, 'buscar e descubrir os aspectos menos tratados' da figura deste intelectual rexionalista e 'establecer un diálogo entre dúas épocas', o século XIX e as primeiras décadas do século XXI. A exposición, que pode visitarse ata o 15 de xaneiro, conta cunha mostra bibliográfica con obras do autor e sobre o autor, documentos que obran no poder da USC, e 16 paneis.
Organizada polo Concello de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes, a exposición Do final e do comezo reúne as creacións que 25 novos tituladas e titulados deste centro desenvolveron como parte dos seus traballos de fin de grao . As obras de 21 egresadas e catro egresados foron seleccionadas para unha mostra que busca achegar á cidadanía o proceso de 'construción e reconstrución' como artistas que implicou a súa formación, á vez que reúne un conxunto de pezas que representen as múltiples disciplinas traballadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES