Notas de prensa

Constituídos en Santiago os órganos de coordinación e asesoramento do sistema galego de cooperación ao desenvolvemento

Aprobado por unanimidade o Plan Director de Cooperación Galega 2005-2008 que priorizará a axuda en 14 países. O orzamento para este ano ascenderá a 6,6 millóns de euros, un 21 por cento máis que en 2004.

O Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento, ao igual que as Comisións Interdepartamental e Interterritorial nesta materia, aprobaron por unanimidade o Plan Director de Cooperación Galega 2005-2008. Unha planificación estratéxica que centrará os seus esforzos en materia de cooperación para o desenvolvemento en 14 países de América e de Ãfrica subsahariana.

Nunha rolda de prensa posterior aos actos de constitución destes órganos, o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, Xaime Pita, salientou a unanimidade coa que se aprobaron os asuntos abordados nestas xuntanzas. Xaime Pita tamén valorou o traballo previo a estas reunións, que incluíu contactos cos colectivos, institucións e órganos implicados na cooperación e o desenvolvemento.

Referíndose á aprobación do I Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento 2005-2008, Xaime Pita amosou o seu desexo de que o carácter unánime que reinou nestas xuntanzas á hora da súa aprobación se traslade ao Parlamento de Galicia.

O conselleiro da Presidencia tamén agradeceu a participación de forzas e representantes de ONG´s, universidades, e concellos, representados neste órganos, a prol “da colaboración con aqueles que máis o precisan”.

O secretario xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior, Xesús Gamallo, tamén resaltou o alto grao de consenso con todos os axentes da política de cooperación da Xunta, o que fructificou nunha Lei e un plan director cuadrienal, aprobados por unanimidade, que guiarán os investimentos en axuda exterior os próximos anos.
O orzamento para cooperación ao desenvolvemento para este exercicio ascende a 6,6 millóns de euros, un 21 por cento máis que en 2004. As axudas para paliar os efectos do tsunami asiático e os eixes de actuación previstos no Plan Director serán os protagonistas do Plan anual 2005.

Os 14 países prioritarios de actuación son Bolivia, Ecuador, Perú, Arxentina, Guatemala, El Salvador, Honduras, Nicaragua, Cuba e República Dominicana no continente americano. Ademais, súmanse como zonas prioritarias da cooperación galega catro países africanos: Cabo Verde, Mauritania, Mozambique e Namibia.

O Plan Director 2005-2008 tamén prevé aumentar os esforzos dedicados á cooperación para o desenvolvemento, de maneira que nestes catro anos os recursos representen entre un 0,15 e un 0,25 por cento dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

Xesús Gamallo explicou que o sostido incremento orzamentario dos últimos años foi acompañado dunha mellora na eficiencia e na eficacia no funcionamento da cooperación galega. “Especialización sectorial, priorización das áreas xeográficas, axilidade de resposta e coordinación son os eixes e tendencias do noso sistema de cooperación”, explicou o secretario xeral.

MEMORIA 2004

NotaGalicia foi unha das Comunidades Autónomas con maior incremento nos últimos años no capítulo de axuda oficial ao desenvolvemento. No último lustro o orzamento oficial en cooperación medrou en máis dun 75 por cento, fronte ao 19 por cento de media española.

Segundo recolle a Memoria 2004 de Cooperación Galega, durante o último año, os 5,5 millóns de euros de orzamento permitiron apoiar 141 proxectos, executados por diversos actores da cooperación galega. Estes proxectos leváronse a cabo en 28 países, chegando a axuda directa e indirecta a máis dun millón de persoas.

Do total do investimento, o 57 por cento destinouse a convocatorias públicas, o 11 por cento ao Plan Operativo Xunta-Axencia Española de Cooperación Internacional, o 28 por cento a convenios de cooperación directa, e o 4 por cento a actividades como avaliacións de proxectos, actividades informativas ou publicacións.

Os principais países receptores da cooperación galega en cooperación para o desenvolvemento foron Perú, Arxentina, Bolivia, Cuba e Ecuador, que recibiron conxuntamente case a metade das contribucións.

Segundo salientou Xesús Gamallo, en 2004, a Xunta de Galicia traballou en catro eixes: a especialización sectorial tendo como obxectivo fundamental a loita contra a pobreza e a marxinación; priorización de distintas áreas xeográficas para favorecer o impacto positivo no desenvolvemento das poboacións cos que se traballan; a axilidade da respostas, en casos como o maremoto do sueste asiático; e a coordinación entre a Xunta de Galicia, as ONG´s, as universidades, as comunidades galegas no exterior, empresas, sindicatos, e fundacións das caixas de aforros.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2005-04-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (gozo-festival-2026.jpg) Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegarán a mellor música internacional do momento a Santiago de Compostela cunha nova edición de O Gozo Festival. Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam Rodríguez son as primeiras confirmacións do festival, que presentarán os seus directos no Monte do Gozo compostelán o sábado 11 de xullo de 2026. O Gozo Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. En 2026, O Gozo Festival celebrará a súa cuarta edición cun line-up de luxo. O proxecto O Gozo Festival, que naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, consolidouse na súa terceira edición, celebrada en 2025, cun éxito rotundo de crítica e público.
Foto de la tercera plana (20251210-rueda.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Así o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.

Notas

A mostra 'Alfredo Brañas Menéndez XIX-XXI. 125 anos do seu pasamento' chega ao Claustro Alto do Colexio de Fonseca para, en palabras da comisaria, Belén Trigo, 'buscar e descubrir os aspectos menos tratados' da figura deste intelectual rexionalista e 'establecer un diálogo entre dúas épocas', o século XIX e as primeiras décadas do século XXI. A exposición, que pode visitarse ata o 15 de xaneiro, conta cunha mostra bibliográfica con obras do autor e sobre o autor, documentos que obran no poder da USC, e 16 paneis.
Organizada polo Concello de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes, a exposición Do final e do comezo reúne as creacións que 25 novos tituladas e titulados deste centro desenvolveron como parte dos seus traballos de fin de grao . As obras de 21 egresadas e catro egresados foron seleccionadas para unha mostra que busca achegar á cidadanía o proceso de 'construción e reconstrución' como artistas que implicou a súa formación, á vez que reúne un conxunto de pezas que representen as múltiples disciplinas traballadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES