Notas de prensa

O CIAG recibiu 1.500.000 consultas dos agricultores e gandeiros galegos

- A maioría das consultas feitas este ano, cunha media de máis de 2.700 chamadas ao día, refírense a solicitudes de identificación de bovinos, de expedición de certificados de aptitude e de recollida de reses mortas - O número de teléfono é o 902112000 e o horario de atención e de luns a venres de oito da mañá a oito da tarde; e sábados, domingos e festivos de nove da mañá a dous da tarde

O conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, José Antonio Santiso Miramontes visitou o Centro de Información ó Agro Galego (CIAG), un organismo dependente da Consellería que dirixe que atende as consultas de agricultores e gandeiros galegos sobre calquera tema relativo a súa actividade, e que centraliza o servizo de recollida de animais mortos nas explotacións e coordinar o labor que desenvolven os facultativos veterinarios neste terreo.

Desde a súa posta en funcionamento o CIAG recibiu preto de 1.500.000 chamadas. No que vai de ano, o CIAG recibiu máis de 182.000 chamadas, das cales 111.000 correspóndense con solicitudes de identificación de bovinos, 47.000 a solicitudes para a expedición de certificados de aptitude, 23.000 con solicitudes de recollida de reses mortas e 1.400 a consultas xerais, como as relativas a axudas, normativas, prazos administrativos, entre outros. O aumento do uso deste servizo da Consellería de Política Agroalementaria e Desenvolvemento Rural queda patente no incremento nun 23% das consultas no primeiro trimestre deste ano, con respecto ao ano pasado. A media de chamadas recibidas ao día é de máis de 2.700.

ERRADICACIÓN DA BRUCELOSE

Ademais, o CIAG ven participando desde abril de 2002 no programa de erradicación da brucelose no macizo montañoso ourensán, na organización do sistema de petición de Guías de Orixe e Sanidade Pecuaria para o traslado de bovinos, procedentes de explotacións existentes na Zona A, con destino matadoiros. Desde esta data, o CIAG remitiu 21.650 peticións de guías as comarcas afectadas e ao servizo provincial de gandería.

Desde xaneiro de 2004, o CIAG recolle as solicitudes para a expedición de identificación do gando bovino, centralizando así tamén, xunto co servizo de recollida de animais mortos e da expedición de certificados de aptitude. Desde a súa posta en funcionamento recolléronse preto de 500.000 avisos solicitando a identificación de bovinos.

Entre os servizos que levou a cabo este centro tamén figuran numerosas consultas sobre a PAC, a cota láctea, os seguros, o saneamento entre outras.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, 2005-04-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (gozo-festival-2026.jpg) Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegarán a mellor música internacional do momento a Santiago de Compostela cunha nova edición de O Gozo Festival. Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam Rodríguez son as primeiras confirmacións do festival, que presentarán os seus directos no Monte do Gozo compostelán o sábado 11 de xullo de 2026. O Gozo Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. En 2026, O Gozo Festival celebrará a súa cuarta edición cun line-up de luxo. O proxecto O Gozo Festival, que naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, consolidouse na súa terceira edición, celebrada en 2025, cun éxito rotundo de crítica e público.
Foto de la tercera plana (20251210-rueda.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Así o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.

Notas

A mostra 'Alfredo Brañas Menéndez XIX-XXI. 125 anos do seu pasamento' chega ao Claustro Alto do Colexio de Fonseca para, en palabras da comisaria, Belén Trigo, 'buscar e descubrir os aspectos menos tratados' da figura deste intelectual rexionalista e 'establecer un diálogo entre dúas épocas', o século XIX e as primeiras décadas do século XXI. A exposición, que pode visitarse ata o 15 de xaneiro, conta cunha mostra bibliográfica con obras do autor e sobre o autor, documentos que obran no poder da USC, e 16 paneis.
Organizada polo Concello de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes, a exposición Do final e do comezo reúne as creacións que 25 novos tituladas e titulados deste centro desenvolveron como parte dos seus traballos de fin de grao . As obras de 21 egresadas e catro egresados foron seleccionadas para unha mostra que busca achegar á cidadanía o proceso de 'construción e reconstrución' como artistas que implicou a súa formación, á vez que reúne un conxunto de pezas que representen as múltiples disciplinas traballadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES