Notas de prensa

Belén Prado avoga polo intercambio de experiencias entre administracións en temas de emprego

A conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais asistiu á xuntanza dos directores xerais de emprego de varias Comunidades, reunidos en Santiago. Os representantes autonómicos asistirán á feira Galiemprego.

A conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, Belén Prado, reuniuse cos directores xerais da área de emprego de varias Comunidades Autónomas. Os representantes autonómico déronse cita en Santiago con motivo da xuntanza semestral que serve para debater ideas e intercambiar experiencias nesta materia. O encontro coincide coa véspera da inauguración da V Feira do Emprego e a Formación de Galicia, Galiemprego 2005, á que asistirán.

Belén Prado trasladoulles aos directores xerais o interese concreto da Xunta por intensificar o intercambio de experiencias con outras Administracións, o que constitúe un dos alicerces do recén presentado Plan de Modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia. A conselleira informou aos representantes autonómicos das liñas xerais que contempla este proxecto, co que se pretende proporcionar unha atención máis personalizada a cada usuario e reducir o máximo posible a súa permanencia como demandantes de emprego.

A conselleira faloulles tamén do plan pola estabilidade e a calidade do emprego que o departamento que dirixe vén de presentarlles aos sindicatos. Neste sentido, Prado sinalou que só a través do diálogo cos axentes sociais pode a Administración acadar o obxectivo do pleno emprego.

AXENDA

Os directores xerais de emprego reúnense unha vez cada seis meses para intercambiar impresións sobre asuntos de actualidade referidos á súa área de traballo. Nesta ocasión, a xuntanza centrarase en tres asuntos: a reforma do mercado de traballo e as políticas activas de emprego; a formación continua dende a perspectiva das Comunidades Autónomas e as empresas; e a presentación de programas de boas prácticas. Neste último aspecto, debateranse dous proxectos: un plan de captación de traballo por parte dos servizos públicos de emprego e unha rede integrada de orientación laboral.

Xunto aos directores xerais, participan na xuntanza o profesor de Economía da Universidade de Alcalá de Henares Juan Francisco Jiménez, o catedrático de Economía Aplicada da Universidade Autónoma de Madrid Santos Miguel Riesga e o director de relacións Laborais do grupo PSA-Citroen de Vigo, Miguel Ãngel Puyme.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, 2005-04-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (gozo-festival-2026.jpg) Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegarán a mellor música internacional do momento a Santiago de Compostela cunha nova edición de O Gozo Festival. Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam Rodríguez son as primeiras confirmacións do festival, que presentarán os seus directos no Monte do Gozo compostelán o sábado 11 de xullo de 2026. O Gozo Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. En 2026, O Gozo Festival celebrará a súa cuarta edición cun line-up de luxo. O proxecto O Gozo Festival, que naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, consolidouse na súa terceira edición, celebrada en 2025, cun éxito rotundo de crítica e público.
Foto de la tercera plana (20251210-rueda.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Así o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.

Notas

A mostra 'Alfredo Brañas Menéndez XIX-XXI. 125 anos do seu pasamento' chega ao Claustro Alto do Colexio de Fonseca para, en palabras da comisaria, Belén Trigo, 'buscar e descubrir os aspectos menos tratados' da figura deste intelectual rexionalista e 'establecer un diálogo entre dúas épocas', o século XIX e as primeiras décadas do século XXI. A exposición, que pode visitarse ata o 15 de xaneiro, conta cunha mostra bibliográfica con obras do autor e sobre o autor, documentos que obran no poder da USC, e 16 paneis.
Organizada polo Concello de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes, a exposición Do final e do comezo reúne as creacións que 25 novos tituladas e titulados deste centro desenvolveron como parte dos seus traballos de fin de grao . As obras de 21 egresadas e catro egresados foron seleccionadas para unha mostra que busca achegar á cidadanía o proceso de 'construción e reconstrución' como artistas que implicou a súa formación, á vez que reúne un conxunto de pezas que representen as múltiples disciplinas traballadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES