Notas de prensa

Rodríguez Yuste demanda da Sepi que converta a Ferrol nun gran centro de reparación naval

O conselleiro de Innovación presentoulle a Martínez Robles o documento, que foi consensuado coa industria auxiliar do naval. O proxecto contempla a construcción dun novo dique, a cobertura dun dos xa eixstentes, o dragado do peirao de Fene e a creación dun almacén ‘depot shore’.

O conselleiro de Innovación, Industria e Comercio Juan Rodríguez Yuste, demandou hoxe ó presidente da Sociedad Estatal de Participaciones Industriales (SEPI), Enrique Martínez Robles, que a ría de Ferrol se converta nun Gran Centro de Reparación Naval.

Ademáis de facerlle entrega do documento coa proposta para a súa análise, Rodríguez Yuste pediu a Martínez Robles a implicación do organismo que dirixe na posta en marcha deste proxecto que foi consensuado coa industria auxiliar do naval e que ten como obxectivo fundamental o pulo ó sector.

Dito proxecto, -que precisa dun investimento de 90 millóns de euros-, aposta porque o estaleiro ferrolano se especialice en actividades de reparación e conversión de todo tipo de buques, con especial atención a aqueles de maior rendibilidade (gaseiros e cruceiros). Neste senso, executaríanse traballos de renovación e fabricación de aceiro e tuberías, tratamento de superficies, reparacións eléctricas, hidráulicas, etc.

Entre as actuacións que sería preciso afrontar a curto prazo para potenciar a ría de Ferrol como un Gran Centro de Reparación Naval, o documento establece como necesaria a construcción dun dique flotante cuberto, a cobertura de ún dos actuais diques da antiga Izar Fene, o dragado do peirao de Fene, a adecuación dos guindastres e a dispoñibilidade de un ‘depot shore’ (almacén para o suministro de grandes equipos e pezas).

Estas actuacións permitirían mellorar a competitividade, ao acurtar sensiblemente os prazos de entrega e reducir os custes para o centro de reparación. Ademáis, mellóranse as condicións de traballo e evítanse interrupcións derivadas da climatoloxía cando se traballa á intemperie.

Precisamente, unha das esixencias para garantir o proxecto é dispoñer de diques axeitados ás novas necesidades dos buques actuais. Neste senso é preciso ampliar os diques para permitir acoller a futuros buques gaseiros. Ademáis, dotar de cuberta ao actual dique da antiga Izar Fene permitiría reparar buques de pasaxe.

Así mesmo, o dragado dos peinaos –tal como se demanda no documento- é fundamental para cumprir as medidas máis estrictas de seguridade que se esixen para os buques metaneiors.

Polo que respecta ao ‘depot shore’, a posibilidade de dispoñer dun almacén con grandes pezas supoñe un elemento diferenciador que permitiría fidelizar aínda máis aos clientes de Navantia Ferrol-Fene.

En canto ó financiamento do proxecto, o documento entregado hoxe por Rodríguez Yuste a Martínez Robles, aborda as posibilidades de que sexa privada, pública ou mixta e, ademáis, fai fincapé no interese do capital privado para a súa participación e implicación no mesmo.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación da Xunta de Galicia, 2005-04-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (gozo-festival-2026.jpg) Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegarán a mellor música internacional do momento a Santiago de Compostela cunha nova edición de O Gozo Festival. Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam Rodríguez son as primeiras confirmacións do festival, que presentarán os seus directos no Monte do Gozo compostelán o sábado 11 de xullo de 2026. O Gozo Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. En 2026, O Gozo Festival celebrará a súa cuarta edición cun line-up de luxo. O proxecto O Gozo Festival, que naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, consolidouse na súa terceira edición, celebrada en 2025, cun éxito rotundo de crítica e público.
Foto de la tercera plana (20251210-rueda.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Así o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.

Notas

A mostra 'Alfredo Brañas Menéndez XIX-XXI. 125 anos do seu pasamento' chega ao Claustro Alto do Colexio de Fonseca para, en palabras da comisaria, Belén Trigo, 'buscar e descubrir os aspectos menos tratados' da figura deste intelectual rexionalista e 'establecer un diálogo entre dúas épocas', o século XIX e as primeiras décadas do século XXI. A exposición, que pode visitarse ata o 15 de xaneiro, conta cunha mostra bibliográfica con obras do autor e sobre o autor, documentos que obran no poder da USC, e 16 paneis.
Organizada polo Concello de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes, a exposición Do final e do comezo reúne as creacións que 25 novos tituladas e titulados deste centro desenvolveron como parte dos seus traballos de fin de grao . As obras de 21 egresadas e catro egresados foron seleccionadas para unha mostra que busca achegar á cidadanía o proceso de 'construción e reconstrución' como artistas que implicou a súa formación, á vez que reúne un conxunto de pezas que representen as múltiples disciplinas traballadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES