Notas de prensa

López Veiga responsabiliza ó Goberno do PSOE do recorte presupuestario para a pesca, trala postura de Francia e Alemania

O conselleiro comparte a preocupación do Comisario de Pesca da UE, e di que empecinamento de Rodríguez Zapatero de "facerse a foto" cos dirixentes dos dous países poñe en risco o futuro da baixura en Galicia.

O conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, Enrique López Veiga, maniféstase "extremadamente preocupado" polo futuro do financiamiento en materia pesqueira despois de coñecerse que Francia e Alemania propoñen recortar as súas aportacións económicas ó Fondo Comunitario de Pesca. Para López Veiga esta situación é froito da
sucesiva perda de poder de España tralas concesións sen contrapartidas realizadas polo presidente de Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, ó ceder a capacidade de decisión que tiña acadado España no acordo de Niza.

"O empeño deste Goberno central de sair na foto con Francia e Alamania, váinos costar caro, en primeiro lugar, ós galegos que dependemos da pesca", añadió López Veiga. "Nunca tivera imaxinado que a aceptación da nova ponderación de votos se fixera sen ter negociado o futuro dos Fondos de Cohesión", dixo.

O titular de Pesca da Xunta anuncia que é vital, para a primacía de Galicia como potencia pesqueira, poder manter os acordos con terceiros países, e que a pesca de baixura podería ver comprometido o seu futuro de caer as aportacións económicas da UE.

Cómpre lembrar que Alemania e Francia xa se opuxeron a que España poidese contar cun periodo de transición relativa ós Fondos de Cohesión despois da última ampliación UE.

Segundo López Veiga, o Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero "non parece ser consciente do que se trae entre mans" e a "postura incomprensible" do PSOE retrocedendo o camiño avanzado "váinos costar caro a tódolos galegos, en primeiro lugar ós que viven do mar".

O descoñecemento da realidade pesqueira do PSOE tamén se traslada a Galicia.-

Por outra banda, Enrique López Veiga calificou as propostas en materia pesqueira da Fundación Iniciativas 21, auspiciada polo PSOE, como desfasadas e claramente condicionadas polo profundo descoñecemento que ven amosando o Partido Socialista nos asuntos relacionados coa pesca e que afectan directamente a Galicia. O documento mesmo contradí o posicionamento do Ministerio de Pesca no que atinxe ó Plan da Pesqueiría do Fletán na área NAFO.


Para López Veiga, o texto ademais de non ser conciso, fai alusións en tempo futuro a cuestións xa a abordadas pola Xunta de Galicia. Como exemplo evidente, o titular de Pesca do executivo autonómico menciona ás actuacións dos Plans de Porto, que na meirante parte xa se atopan rematadas.

O documento "Reflexións e Propostas da Fundación Iniciativas 21 para a Galicia que vén", ideario político do PsdeG, non engade nada novo na área competencial no ámbito pesqueiro e non plantexa a postura do PSdeG sobre o futuro Fondo Europeo da Pesca, que se constitue en elemento condicionante da Política Pesqueira dos países membros da UE.

O texto tamén amosa o descoñecemento das actuacións xa realizadas por Galicia en materia pesqueira no ámbito da UE. Así no apartado 2.2 abógase por "determinar un trato singular para as rexións onde o complexo mar-industra teña un peso económico significativo". Cómpre lembrar que o Consello Galego de Pesca xa ten aprobado un dictamen que recolle as pertinentes alegacións á concesións das axudas comunitarias.

Absoluto descoñecemento dos Plans de Portos de Galicia.-

O documento do PsdeG tamén di textualmente "No cultivo doutros moluscos é preciso facer unha opción cooperativa no marisqueo e resolver a carencia de producción en cautividade de semente...". A consellería de Pesca e Asuntos Marítimos xa ten en marcha o desenvolvemento de minicriadoiros espallados pola costa galega realizando esta función con éxito.

A modernización das infraestructuras da pesca de baixura, recollilas tamén nos distintos Plans de Portos, é unha das grandes actuacións deste lexislatura e atopándose rematadas ou en fase final.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca da Xunta de Galicia, 2005-04-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (gozo-festival-2026.jpg) Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegarán a mellor música internacional do momento a Santiago de Compostela cunha nova edición de O Gozo Festival. Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam Rodríguez son as primeiras confirmacións do festival, que presentarán os seus directos no Monte do Gozo compostelán o sábado 11 de xullo de 2026. O Gozo Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. En 2026, O Gozo Festival celebrará a súa cuarta edición cun line-up de luxo. O proxecto O Gozo Festival, que naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, consolidouse na súa terceira edición, celebrada en 2025, cun éxito rotundo de crítica e público.
Foto de la tercera plana (20251210-rueda.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Así o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.

Notas

A mostra 'Alfredo Brañas Menéndez XIX-XXI. 125 anos do seu pasamento' chega ao Claustro Alto do Colexio de Fonseca para, en palabras da comisaria, Belén Trigo, 'buscar e descubrir os aspectos menos tratados' da figura deste intelectual rexionalista e 'establecer un diálogo entre dúas épocas', o século XIX e as primeiras décadas do século XXI. A exposición, que pode visitarse ata o 15 de xaneiro, conta cunha mostra bibliográfica con obras do autor e sobre o autor, documentos que obran no poder da USC, e 16 paneis.
Organizada polo Concello de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes, a exposición Do final e do comezo reúne as creacións que 25 novos tituladas e titulados deste centro desenvolveron como parte dos seus traballos de fin de grao . As obras de 21 egresadas e catro egresados foron seleccionadas para unha mostra que busca achegar á cidadanía o proceso de 'construción e reconstrución' como artistas que implicou a súa formación, á vez que reúne un conxunto de pezas que representen as múltiples disciplinas traballadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES