Galiemprego 2005 convertirá Santiago no punto de encontro de empresarios, administracións e demandantes de emprego. As xornadas, promovidas pola ConsellerÃa de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, serán o marco dun debate sobre o mercado laboral protagonizado por representantes institucionais, axentes sociais e especialistas universitarios. Está previsto que visiten a feira máis de quince mil persoas.
A feira servirá, sobre todo, de marco informativo para os demandantes de traballo, que poderán coñecer de preto a realidade do mercado e os diferentes mecanismos postos á súa disposición para facilitarlles a búsqueda de emprego. O encontro, que se celebra no Pazo de Congresos, será inaugurado polo presidente da Xunta, Manuel Fraga.
Galiemprego comezará a súa andaina co relatorio inaugural do catedrático Luis Toharia Cortés, da universidade de Alcalá, que debuxará a situación actual do mercado laboral. Pola tarde, unha mesa redonda reunirá aos representantes dos servizos de emprego de varias Comunidades Autónomas, que intercambiarán as súas experiencias. O debate estará moderado polo director xeral de Formación e Colocación da Xunta, Odilo Martiñá. Posteriormente, os representantes do servizos de emprego de Italia, Reino Unido, Francia, Portugal e Holanda farán unha posta en común da situación a nivel europeo.
EXPOSITORES
Galiemprego 2005 contará cunha área de máis de 4.000 metros cadrados na que estarán presentes expositores de empresas que ofrecen emprego e onde os demandantes terán a oportunidade de contactar directamente cos seus responsables. A estes expositores sumaranse ademais outros de entidades e administracións que colaboran co Servicio Público de Emprego no desenvolvemento das diferentes actuacións nesta materia.
Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegarán a mellor música internacional do momento a Santiago de Compostela cunha nova edición de O Gozo Festival. Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam RodrÃguez son as primeiras confirmacións do festival, que presentarán os seus directos no Monte do Gozo compostelán o sábado 11 de xullo de 2026. O Gozo Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. En 2026, O Gozo Festival celebrará a súa cuarta edición cun line-up de luxo. O proxecto O Gozo Festival, que naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, consolidouse na súa terceira edición, celebrada en 2025, cun éxito rotundo de crÃtica e público.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Asà o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.