
Na sesión aberta que se desenvolveu este mércores, os/as reitores/as e representantes institucionais das 11 universidades participantes conversaron sobre como salvagardar a liberdade académica, xestionar a crecente importancia da seguridade na investigación nunca época marcada pola intelixencia artificial e aproveitar plenamente a colaboración dentro e fóra da Alianza. Durante este encontro, destacou a activa participación do Student Board de EUniWell: xuntos podemos seguir avanzando no noso compromiso de promover o benestar e a inclusión do estudantado dentro da Alianza, pero tamén fóra desta, sinalou Sarah Bermann, directora de Asuntos Estudantís de EUniWell.
Nesta Asemblea, o EUniWell Board e os reitores e reitoras das universidades membro do Consorcio decidiron formular unha declaración conxunta sobre a liberdade académica. Beatrix Busse, directora de Desenvolvemento de EUniWell, afirmou que esta non é só unha preocupación do ámbito académico. É un valor europeo, un principio democrático e unha base irrenunciable para o noso benestar.
Día de Europa
O acto de clausura estivo marcado pola celebración anticipada do Día de Europa, cun acto simbólico co propósito de poñer en valor as raíces e os valores europeos da Alianza. Quixemos que o estudantado fose o auténtico protagonista deste evento e o mellor embaixador da idea de Europa, sinalou o reitor da USC. Seis estudantes de Erasmus e/ou SICUE procedentes de universidades da Alianza e unha estudante da propia USC leron o Preámbulo do Tratado da Unión Europea nas linguas dos seus territorios de orixe.
Como colofón final, os representantes das distintas universidades que integran EUniWell realizaron unha andaina simbólica dos últimos cinco quilómetros do Camiño de Santiago, dende o Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro. Unha camiñada que pon en valor o patrimonio de Galicia e reforza a mensaxe de unión, cooperación e benestar da oitava Asemblea de Reitores e Reitoras.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.
O ciclo 'Primeira Fila' fomentará a visibilidade de novos talentos musicais, impulsado pola Fábrica de Chocolate co obxectivo de apoiar a proxección de artistas e bandas e facilitar o seu encontro co público nas salas de concertos de Galicia. O ciclo, que arrincou en maio e xa percorreu as salas de Melide e Santiago de Compostela, continuará en xaneiro con sete novas propostas. A actividade retomarase o 21 de xaneiro en La Conservera, (Viveiro), con 9Louro e Monoulious DOP. No mesmo espazo actuarán Eladio y los Seres Queridos e Capital Voskov, o 13 de febreiro, así como Marisa Valle Roso, o día 20. O 20 de febreiro Taïn ofrecerá un concerto na Sala Jagger, en Lugo, mentres que Santi Araújo estará o 27 de febreiro na Sala Arca de Noé, en Vilar de Santos.