
O 4 de abril, ás 20.00 horas, será a quenda do Teatro el Mayal-ULE, dirixido por Javier R. de la Varga, coa peza Danza de la vida breve, de Antonella Sturla, no Vello Cárcere. O 7 de abril, á mesma hora, a compañía de teatro da USC dirixida por Roberto Salgueiro chegará ao Auditorio Gustavo Freire coa peza Agamenón, volvín do supermercado e deille unha malleira ao meu fillo, de Rodrigo García. Pola súa parte, a Aula de teatro do Campus de Ourense da UVigo, Grupo Maricastaña, dirixido por Fernando Dacosta, presentará o 9 de abril, ás 20.30 horas, a obra Ludovico 2.5 no Auditorio Gustavo Freire. Finalmente, o 11 de abril, ás 20.00 horas, a compañía Vaites Vaites da USC-Lugo, dirixida por An González, presentará Cara de leoparda na Casa do Saber.
Actividades complementarias
De xeito complementario ao Festival, desenvolverase o 5 de abril o 'EscaparArte', accións escénicas nos escaparates do centro histórico de Lugo, e o 6 de abril terá lugar un taller de creación con Nuria Sotelo. Neste obradoiro abordaranse ferramentas para a creación dende e co corpo, atendendo a tres niveis relacionais: o propio corpo, os outros corpos, e o espazo. O traballo nestes tres niveis pretenden levar consciencia cara a ese lugar escénico dinámico no que os intérpretes se sitúan nunha escoita activa e cunha atención entre dentro e fóra, entre o corpo e a mente, entre a vontade propia e a das outras persoas
Para abordar este traballo, Nuria Sotelo fará uso de ferramentas diferentes da danza contemporánea: Body Weather, Passing Through, Releasse ou Assimetrical Motion. Tamén de prácticas traídas do ioga, a respiración consciente e da súa propia experiencia escénica como intérprete e coreógrafa.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.