
30 anos de Miteu Â…desculpen as molestias! é o lema escollido para esta edición, que foi presentada este martes no Teatro Principal de Ourense coa participación de representantes das institucións e empresa que apoian o evento, estando Francisco Javier RodrÃguez Rajo, vicerreitor do campus de Ourense; Olga Mojón, directora do Teatro Principal; César Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense; Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia; José Luis Troitiña, xerente do Liceo de Ourense; LuÃs Portabales, fundador de Cervexas Esmorga, e Fernando Dacosta, director da Miteu.
Nas súas intervencións houbo parabéns para unha mostra que, subliñouse, é froito das sinerxÃas de colaboración entre as entidades presentes e que converte cada ano a Ourense en epicentro da actividade teatral universitaria. Ademais, puxeron en valor a calidade e diversidade da súa programación e a súa faciana internacional. Entre elas e eles, Francisco Javier RodrÃguez Rajo lembrou o compromiso da Universidade de Vigo co teatro, neste caso coa Miteu, facendo fincapé en que “o teatro non é un gasto senón un investimento”, pondo de relevo a súa importancia en temas como a educación e a formación en valores.
“Facer da marxe un centro”
Fernando Dacosta, tamén director das aulas teatrais do campus de Ourense, foi o encargado de presentar esta 30 edición. Ao longo destas tres décadas, detallou, a Miteu trouxo a Ourense compañÃas de 50 paÃses, de todos o continentes (e de todas as provincias españolas e de boa parte de Portugal). Esas compañÃas, engadiu, moveron a 6000 participantes e as súas actuacións foron vistas por arredor de 170.000 persoas. Neste senso, destacou que moitas destas 6000 persoas chegaron logo a profesionais no mundo do teatro ou do audiovisual, pero fixo fincapé en que a Miteu pretende ser sobre todo "unha escola de público, unha canteira de espectadores e espectadoras”. Foron 30 anos, dixo Fernando Dacosta, de “moitas vivencias, moita aprendizaxe e espectáculos que impactaron” e de traballar polo “ideal tanto das Irmandades da Fala como do grupo Nós de facer da marxe un centro”.
Polo que respecta a esta edición 2025 da Miteu, a programación contará con 19 espectáculos de teatro de sala e de rúa, de música e de danza, complementada con coloquios, encontros, un obradoiro e unha exposición, contado con arredor de 210 participantes. Estarán 13 grupos universitarios (entre eles os de todos os campus galegos) e seis profesionais, con representación de México, Portugal, Dinamarca, Guinea Ecuatorial e Gambia, ademais de España. Unha vez máis os temas sociais terán un peso importante nos espectáculos, abordándose neles cuestións como a violencia de xénero, o racismo e a preocupación polo auxe dos extremismos.
Participación das aulas da UVigo
De novo, as diferentes aulas escénicas dos tres campus da Universidade de Vigo, e de xeito especial o campus de Ourense, terán un papel destacado nesta Miteu. O xoves 24, ás 19.00, na Praza de San Martiño, terá lugar o espectáculo Visión panorámica, no que participarán diferentes grupos dos campus de Ourense, concretamente o seu coro, a súa aula de danza, o seu grupo de música tradicional galega e a aula de teatro Rosaura. Xa o venres 25, a Aula Universitaria de Ourense Cordelia representará no Teatro Principal, ás 20.00 h, a súa obra Shock.
O xoves 8, ás 20.00, o Teatro Principal acollerá as 14ª Xornadas de Danza, nas que estarán compañÃas da Universidade de Santiago de Compostela (Lugo), Universidade da Coruña (A Coruña), Universidade de Vigo (Ourense) e A Casa Vella. O sábado dÃa 10 será, ás 20.00 h no Teatro Principal, a clausura da mostra coa entrega de premios e coa estrea da última produción da Aula Universitaria de Ourense Maricastaña. Trátase da obra Ludovico 2.5. Por último, da Universidade de Vigo tamén actuará o martes 29, ás 20.00 h, a Aula de Teatro de Pontevedra, que representará no Teatro Principal Saxo tenor, e o mércores 30, ás 21.30 h no Liceo, a Aula de Teatro de Vigo, que traerá ao público o seu espectáculo Divinas palabras.
O campus de Ourense acollerá ademais o luns 28, ás 20.30 h, a obra Unha Eva e un Adán, de GrahØjdans (Dinamarca), que terá lugar na antiga capela e será un dos pratos fortes desta edición, xunto con Teatro del Barrio. Ademais, nas instalacións universitaria celebrarase os 3 e 4 de maio o obradoiro da Miteu Creación do Corpo Reflexivo, impartido por Russo Nmandong, de Guinea Ecuatorial.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañÃas galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos tÃteres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e TÃteres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.