Manuel Fraga, presidente da Xunta, aproveitou o acto de entrega dos Premios Fin de Carreira 2004 da Comunidade Autónoma de Galicia para cualificar como “tempo de esplendor” o que están a atravesar na actualidade as universidades galegas. O presidente da Xunta sinalou que, desde a creación do Sistema Universitario Galego, a Comunidade Autónoma conta con sete campus nos que, na actualidade, se pode elixir entre 96 carreiras distintas nas que 5.000 profesores están a formar a máis de 80.000 alumnos. AÃnda que desde 1990 se multiplicou o número de estudantes, o presidente da Xunta atribuÃu a razóns demográficas o descenso de universitarios rexistrado nos últimos tempos. Asà mesmo, o presidente da Xunta referiuse ao espectacular incremento no número de ocupados universitarios rexistrado en Galicia ao longo da última década, ao pasar de 90.000 a principios dos 90 a un total de 183.000 a finais de 2003, o que supón máis dun 100 por cento de incremento.
Para o presidente da Xunta, o investimento en educación non xera só un rendemento para os propios individuos senón que tamén produce “rendementos sociais”. Ademais, é evidente que a mellor formación dos cidadáns se traducirá en mellores resultados económicos para Galicia.
CONVERXENCIA CO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR
O esforzo realizado polo Executivo galego nos últimos tempos a prol da educación universitaria ofrece, en opinión de Manuel Fraga, “froitos evidentes” que aÃnda se han de incrementar no futuro co fin de que Galicia se adapte ás directrices de “converxencia” no espazo europeo de educación superior marcadas pola Declaración de Bolonia, que entrará en vigor nos próximos anos, despois das sucesivas declaracións realizadas polos responsables de Educación dos distintos paÃses europeos.
PREMIADOS
Manuel Fraga eloxiou, asà mesmo, aos galardoados cos Premios Fin de Carreira 2004. Fronte aos 17 premiados na convocatoria de 1991, nesta edición son 47 os que reciben esta distinción, dos que 29 son mulleres e 19 homes. O presidente da Xunta augurou grandes éxitos profesionais para estes mozos e mozas e fixo chegar as súas familias un saúdo agarimoso polo premio que reciben estes universitarios.
INTERVENCIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA NA ENTREGA DOS PREMIOS FIN DE CARREIRA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
-“É obrigado, pois, comezar este acto facéndovos chegar a todos, logo dun agarimoso saúdo, a máis cordial felicitación, tanto a miña persoal, coma a do Goberno galego, que teño a honra de presidir. Quero facer extensiva tamén esta felicitación ás vosas familias e os familiares que vos acompañan”.
-“Afortunadamente as universidades galegas viven un tempo de esplendor que estamos a facer posible entre todos. Desde a creación das dúas novas universidades, no ano 1990, multiplicamos o número de estudantes, aÃnda que agora, por razóns demográficas, están a descender”.
-“A nosa satisfacción é ver hoxe como os resultados do esforzo que se está levando a cabo xa saltan á vista: temos tres universidades con sete campus e os nosos rapaces galegos poden estudar, sen saÃr de Galicia, calquera das 96 carreiras distintas que ofrece o Sistema Universitario Galego, e contamos con máis de 5.000 profesores para formar a 80.000 universitarios”.
-“Pero a proba máis evidente do esforzo económico feito polo Goberno galego está na poboación ocupada de Galicia nesta última década, na que pasamos de 90.000 ocupados universitarios, en 1993, a 183.000 a finais de 2003; isto supón máis dun 100 por cento de incremento. Se partimos do suposto de que a mellor formación, mellores resultados económicos, entenderemos os efectos da mellora da educación superior na nosa Comunidade”.
-“É asà como toda a sociedade ve claro que o investimento en educación xera non só un rendemento para os propios individuos, senón que tamén xera rendementos sociais, que xustifican precisamente o investimento que fai o sector público para proporcionarlle ese ben a toda a sociedade”.
-“à luz destes breves datos resulta, pois, evidente, que o esforzo feito polo Goberno galego a prol da educación universitaria ofrece xa froitos evidentes, que aÃnda han ser incrementados no futuro para adaptarnos ás novas directrices de converxencia no espazo europeo de educación superior”.
-“Unha das mellores mostras do traballo que levamos ben desenvolvido nestes últimos anos é, sen dúbida, esta promoción de Premios Fin de Carreira, distinción que cada ano acada un maior número de titulados. Fronte aos 17 premiados na primeira convocatoria de 1991, hoxe sodes 47, e sumades un total de 483 as tituladas e os titulados do sistema universitario de Galicia que tedes recibido tal premio nestes doce anos”.
-“[...] Un éxito que ha continuar, ben seguro, na vosa actividade profesional á que accededes nas mellores condicións”.
FICHA TÉCNICA
RELACIÓN DE PREMIADOS
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
1. Laura Acuña Ãlvarez (BioloxÃa)
2. MarÃa del Carmen Alfonso Méndez (Ciencia e TecnoloxÃa dos Alimentos)
3. MarÃa Duro Mansillo (Ciencias PolÃticas e da Administración)
4. MarÃa Cristina López-Mayán Navarrete (EconomÃa)
5. Amelia Troncoso Mariño (Farmacia)
6. Carlos Gallardo Prieto (FiloloxÃa Alemana)
7. LucÃa Sesto Yagüe (FiloloxÃa Clásica)
8. Elena Alonso Pérez-Ãvila (FiloloxÃa Hispánica)
9. Ana MarÃa Losada Pérez (FiloloxÃa Inglesa)
10. Paula Alejandre Teijeiro (FiloloxÃa Portuguesa)
11. MarÃa Cristina González Piñeiro (FiloloxÃa Románica)
12. Manuel Antonio Aldegunde RodrÃguez (FÃsica)
13. David Varela Gómez (Historia)
14. Sonsoles Hernández Barbosa (Historia da Arte)
15. MarÃa Jesús Roca Rábada (Humanidades)
16. Julio López AlbÃn (Matemáticas)
17. MarÃa Jesús Ladra González (Medicina)
18. Olalla Vázquez Vázquez (QuÃmica)
19. Olaya MartÃnez López (EnfermerÃa)
20. Laura GarcÃa Estévez (Mestre, especialidade de Lingua estranxeira)
21. LucÃa Alejandro Teijeiro (Traballo Social)
22. Marta CardÃn Pedrosa (Enx. Agrónoma)
23. Esteban Gómez GarcÃa (Enx. De Montes)
24. Elena González Peñas (Enx. QuÃmica)
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
25. Iván Barallobre Sánchez (Dereito)
26. Amelia Sánchez Pérez (FiloloxÃa Galega)
27. Romina Prado Fernández (SocioloxÃa)
28. Pablo Montero Souto (Educación Social)
29. Javier Romero Gómez (Dip.en Máquinas Navais)
30. Miguel Ãngel Cortegoso Moreira (Dip.en Navegación MarÃtima)
31. ValentÃn Manuel DÃaz Seijas (Relacións Laborais)
32. Javier Eiras López (Enx.de Camiños, Canais ePortos)
33. Camino Sánchez Ruiz (Enx.Naval e Oceánica)
34. Gabriel RodrÃguez Ãlvarez (EnxeñerÃa Informática)
35. Eva Laura González González (Arquitectura Técnica)
36. Felipe Peña Pita (Enx. Técnica en Informática de Sistemas)
UNIVERSIDADE DE VIGO
37.MarÃa Isabel Castro DÃaz (Belas Artes)
38.MarÃa Victoria Carrera Fernández (PsicopedagoxÃa)
39.Alexandre Pereira Meire (Publicidade e Relacións Públicas)
40.Beatriz VizcaÃno Pena (Traducción e Interpretación)
41. Lorena Eiriz Blanco (Ciencias Empresariais)
42. Sonia Sobral Boga (Mestre, especialidade en Educación Primaria)
43. Pablo Izquierdo Belmonte (EnxeñerÃa Industrial)
44. Rubén Borrajo López (EnxeñerÃa Técnica AgrÃcola)
45. Daniel González Peña (EnxeñerÃa Técnica en Informática de Xestión)
46. Arturo González Gil (EnxeñerÃa Técnica Industrial)
47. LucÃa Pazos Alfonso (EnxeñerÃa Técnica Industrial)