
O encargo, que responde ao establecido no artigo 9 da Lei 20/2022, de 19 de outubro, de Memoria Democrática, materializouse no correspondente acordo de colaboración asinado polo reitor da USC, Antonio López, e o secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez López.
Serán os profesores da USC Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea, e Antonio Míguez Macho, decano da Facultade de Xeografía e Historia, quen coordinen o traballo desde o Grupo HISTAGRA. Para eles, este encargo supón o recoñecemento a un esforzado traballo de décadas para arroxar luz sobre o período máis negro da nosa Historia recente coa fin de reconstruír a nosa memoria democrática.
Cun horizonte temporal de tres anos e un financiamento de cerca de medio millón de euros, os traballos do proxecto centraranse na investigación sobre vítimas con resultado de morte, excluíndo os combatentes. Así mesmo, gravaranse os datos obtidos na ferramenta Dédalo, que constituirá a base de datos oficial do Censo de Vítimas da Guerra de España e a ditadura. Ademais da elaboración do censo, este proxecto contribuirá á apertura de novas liñas de investigación apoiadas documentalmente, o que fomenta un maior coñecemento da verdade respecto do acontecido durante a Guerra de España e a posterior ditadura.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.