Notas de prensa

Asuntos Sociais convoca a IV edición dos Premios á Cooperación para persoas e entidades que realizaran un destacado labor no eido do cooperativismo

O certame establece tres modalidades, premiadas con 6.000 euros cada unha.

A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais xunto co Consello Galego de Cooperativas, convocan a cuarta edición dos Premios á Cooperación, dirixido ás cooperativas, asociacións, persoas e entidades, públicas ou privadas, que realizaran un destacado labor no eido do cooperativismo en Galicia. O certame establece tres modalidades, premiadas con 6.000 euros cada unha.

O Premio aos valores cooperativos outorgarase á cooperativa, entidade ou persoa que máis destacara no impulso destes valores na Comunidade Autónoma galega. Neste caso teranse en conta as actuacións dirixidas á aplicación práctica dos principios cooperativos establecidos pola Alianza Cooperativa Internacional e a súa adecuación ao marco socioeconómico galego.

O Premio ao mellor proxecto cooperativo concederase a aquel proxecto empresarial tanto de nova creación como xa existente que destaque polo seu carácter innovador, de intercooperación ou por outras características singulares como a súa repercusión no contorno, especialmente nos eidos económico, social e laboral.

As persoas ou entidades que centraran o seu esforzo no fomento do cooperativismo poderán optar ao Premio á promoción do cooperativismo. Para outorgar este galardón teranse en conta a actividade ou actividades realizadas polos candidatos e a súa repercusión na implantación e desenvolvemento do cooperativismo en Galicia, tanto nos seus aspectos cualitativos como cuantitativos.

As candidaturas poderán presentarse, asinadas polo candidato ou persoa que o propoña ante o Consello Galego de Cooperativas acompañada de memoria explicativa e documentación xustificativa dos valores e méritos alegados. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 31 de outubro de 2005.

As bases desta convocatoria poden consultarse no Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo e na páxina Web da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, 2005-04-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (catas-galicia-2025.jpg) O mapa vitivinícola galego artéllase arredor de cinco denominacións de orixe -Valdeorras, Ribeiro, Rías Baixas, Monterrei e Ribeira Sacra- e catro indicacións xeográficas protexidas -Terra de Betanzos, Ribeiras do Morrazo, Val do Miño-Ourense e Barbanza e Iria-, ademais das IXP específicas para bebidas espirituosas -Licor Café, Licor de Herbas, Orujo de Galicia e Augardente de Herbas-. Estes selos certifican a procedencia e o control rigoroso do proceso produtivo, reforzando a confianza do consumidor e permitindo que os produtos agroalimentarios galegos gañen presenza e competitividade nos mercados. A súa trazabilidade e garantía de calidade representan, en conxunto, a esencia do que identifica á Galicia Calidade.
Foto de la tercera plana (electricidade-tendido.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Executivo autonómico 'vai presentar alegacións' á proposta de planificación da rede de transporte eléctrica para o período 2025-2030 presentada polo Estado o pasado mes de outubro xa que 'apenas reserva un 2,8% do investimento total para Galicia'. Rueda resaltou que as comunidades necesitan 'infraestruturas eléctricas modernas e adaptadas á realidade actual do tecido industrial e ao crecemento previsto no futuro'. Nesta liña, lembrou que contar con estas instalacións 'é fundamental para o desenvolvemento económico das comunidades'.

Notas

O Centro de Investigación Mariña da UVigo coordina unha ambiciosa iniciativa transnacional que busca impulsar o despregamento sostible de sistemas de enerxía undimotriz na área atlántica, concretamente nas costas de España, Portugal, Francia e Irlanda. Bautizado como AWESDI, o proxecto pon o foco nas rexións costeiras destes países, xa que comparten un gran potencial da enerxía xerada polas ondas.
Os XII Premios Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia acaba de recoñecer tres estudos que abordan a accesibilidade, a distribución da renda e a pesca na Galicia cantábrica. O Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia e o Consello Económico e Social de Galicia convocan con carácter anual este certame que distingue traballos de investigación que contribúan ao mellor coñecemento da realidade económico-social de Galicia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES