A ConsellerÃa de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais concederá axudas para financiar o aboamento de cotas á Seguridade Social dos traballadores que capitalizasen nun só pagamento a prestación por desemprego para crear o seu propio posto de traballo. A orde que regula as axudas sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia.
Os beneficiarios das axudas terán que ter adquirido a condición de socio traballador ou de traballo nunha cooperativa ou sociedade laboral en Galicia ou, no caso de persoas con discapacidade, terse constituÃdo como autónomo. No momento de solicitar a subvención, os beneficiarios deberán ter iniciado a actividade e estar dados de alta no correspondente réxime da Seguridade Social.
As axudas estipuladas pola orde autonómica contemplan o pagamento do 50% das cotas do réxime de autónomos da Seguridade Social ou do 100% do custo das mesmas cotas no caso dos traballadores adscritos ao réxime xeral.
As axudas cubrirán os pagamentos correspondentes ao perÃodo no que o traballador terÃa que cobrar a prestación por desemprego no caso de non optar pola modalidade de pagamento único. O prazo para solicitar as subvencións rematará o 30 de setembro de 2005.
A medida enmárcase dentro das polÃticas de emprego da Xunta, que contemplan entre as súas prioridades o fomento do autoemprego como fórmula para impulsar o desenvolvemento do mercado laboral.
O mapa vitivinÃcola galego artéllase arredor de cinco denominacións de orixe -Valdeorras, Ribeiro, RÃas Baixas, Monterrei e Ribeira Sacra- e catro indicacións xeográficas protexidas -Terra de Betanzos, Ribeiras do Morrazo, Val do Miño-Ourense e Barbanza e Iria-, ademais das IXP especÃficas para bebidas espirituosas -Licor Café, Licor de Herbas, Orujo de Galicia e Augardente de Herbas-. Estes selos certifican a procedencia e o control rigoroso do proceso produtivo, reforzando a confianza do consumidor e permitindo que os produtos agroalimentarios galegos gañen presenza e competitividade nos mercados. A súa trazabilidade e garantÃa de calidade representan, en conxunto, a esencia do que identifica á Galicia Calidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Executivo autonómico 'vai presentar alegacións' á proposta de planificación da rede de transporte eléctrica para o perÃodo 2025-2030 presentada polo Estado o pasado mes de outubro xa que 'apenas reserva un 2,8% do investimento total para Galicia'. Rueda resaltou que as comunidades necesitan 'infraestruturas eléctricas modernas e adaptadas á realidade actual do tecido industrial e ao crecemento previsto no futuro'. Nesta liña, lembrou que contar con estas instalacións 'é fundamental para o desenvolvemento económico das comunidades'.