
A actividade estrutúrase como un curso que combina ensinanza teórica cunha importante carga de práctica, que se realizará na rúa. Durante a semana, os participantes realizarán catro roteiros urbanísticos por diferentes localidades galegas: Betanzos, A Coruña, Santiago de Compostela e Lugo. Cada itinerario estará guiado por profesorado da UDC, que exporá as principais problemáticas e características do espazo urbano galego.
Ademais, o programa inclúe diversas sesións temáticas en aula, que terán lugar nas instalacións da Facultade de Socioloxía e na Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC). Estas sesións estarán a cargo de membros do GET, que exporán estudos de caso, investigacións e teorías sobre a relación entre urbanismo, territorio e dereitos cidadáns.
Nesta edición, o simposio centrarase na temática "Algúns desafíos do dereito á cidade en Galicia", abordando as dinámicas e transformacións urbanas que afectan á comunidade. Participarán un total de 10 estudantes do CEUB procedentes de diversas disciplinas: Dereito (3), Enxeñaría Civil (1), Relacións Internacionais (1) e Arquitectura e Urbanismo (5), que estarán acompañados por tres docentes da universidade brasileira, ademais de membros do GET e estudantado e persoal investigador da UDC, que poderá inscribirse gratuitamente.
O I Simposio Galaico-Brasileiro tivo lugar en 2023 baixo o lema "Pontes que ligan patrimonios", centrado na comparación das estruturas territoriais galega e brasileira.
A coordinación desta segunda edición corre a cargo de Eliete de Pinho (CEUB), Plácido Lizancos (ETSAC) e Manuel Docampo (Facultade de Socioloxía).
O Grupo de Estudos Territoriais
Este grupo de investigación está composto por persoal de diferentes áreas e titulacións (Socioloxía, Arquitectura, Turismo, Deseño Industrial, Agrónomos, Filoloxía, ...), todas elas da UDC. Non se trata só dun grupo de Referencia Competitiva, con contrastada internacionalización, senón cunha importante implicación local na optimización da relación da poboación co noso territorio.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.