
Resultado dunha investigación que parte da exposición homónima celebrada en Normal, o Espazo de Intervención Cultural da UDC en 2022, o libro inclúe unha selección de cen símbolos e marcas estruturada en cinco períodos históricos, abordando contextos económicos, sociais e políticos que influíron no deseño gráfico galego. Ademais, conta con imaxes que mostran a aplicación destas identidades en soportes reais, desde carteis ata embalaxes, reflexionando sobre a conexión entre a cultura popular e a gráfica aplicada.
Segundo Marcos Dopico, decano da Facultade de Deseño da Universidade de Vigo, o libro destaca o uso de símbolos arraigados na cultura galega, como a cuncha de vieira ou as inscricións lapidarias medievais, reinterpretados ao longo da historia para crear identidades corporativas. Pola súa banda, Cibrán Rico, especialista en deseño gráfico contemporáneo, afonda na análise do impacto do deseño no desenvolvemento da marca Galicia, examinando a relación entre deseño e economía en etapas clave. O seu enfoque documenta como o deseño contribuíu a construír unha imaxe sólida e recoñecible tanto a nivel local como internacional.
Suso Vázquez, destacado investigador en historia da arte e deseño, centra a súa contribución no estudo do contexto histórico e cultural que moldeou o deseño galego ao longo do tempo. O seu traballo recalca a relevancia de figuras clave como Luís Seoane ou Isaac Díaz Pardo, destacando o papel do Laboratorio de Formas como un eixo central na recuperación das tradicións galegas e a súa reinterpretación gráfica tras a ditadura.
A Galicia deseñada non só analiza o pasado, senón que tamén explora as transformacións contemporáneas no deseño galego, marcadas por un relevo xeracional e unha crecente presenza feminina na profesión. Con prólogos e contribucións de expertos, como Pepe Barro, un dos autores do Manual de Identidade corporativa da UDC, esta obra ofrece unha perspectiva única e necesaria para comprender a identidade visual de Galicia.
O libro está dispoñible nas librarías especializadas e na páxina web de Fabulatorio.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.