Notas de prensa

A Xunta mantén o obxectivo de acadar as ratios idóneas en residencias entre 2005 e 2006

O Valedor do Pobo errou na estimación de prazas de gardarías, terreo no que Galicia acadará as recomendacións europeas cun lustro de antelación.

A Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado mantén o obxectivo de acadar entre o presente ano e o vindeiro 2006 as ratios idóneas en prazas de residencias de persoas maiores contidas tanto no Plan Galego de Persoas Maiores 2001-2006 como no Plan Xerontolóxico Nacional.

O informe do Valedor do Pobo referente á actividade desta institución durante o ano 2004, que se aproveita para facer público un relatorio específico sobre o envellecemento da poboación galega, sostense con datos de hai un ano, sen facer mención ao plan presentado recentemente pola conselleira Pilar Rojo que permitirá incrementar a oferta de prazas residenciais con fondos públicos das aproximadamente 5.340 actuais ás máis de 8.200 a finais do próximo exercicio. A maiores, as informacións aparecidas hoxe nalgúns xornais galegos non se axustan ás necesidades reais, posto que básicamente sitúan en 7.000 ou 8.000 as prazas públicas que habería que crear, cando se trata da cifra á que se debe chegar partindo desas 5.340 xa existentes.

Con esta iniciativa, Familia acadará os obxectivos do devandito plan galego, que sinalan unha oferta do 1,28% da poboación maior de 65 anos para 2005 (7.541 prazas) e do 1,4% para 2006 (8.204 prazas), cifras que se adecúan ao plan estatal.

Para alcanzar estas ratios estase a modificar o concerto de prazas nas residencias xa construídas no marco dun convenio co IGAPE. Está previsto que este ano estean en funcionamento dez destes centros (a semana pasada foi inaugurado un no concello pontevedrés de Vilaboa con 116 prazas concertadas), de xeito que ao longo de 2005 suporán arredor dun millar de prazas máis sostidas con fondos públicos.

Outras liñas de actuación que se abrirán no presente exercicio refírense ao incremento nas prazas concertadas en residencias privadas e de iniciativa social (unha medida que beneficiaría principalmente a persoas con baixos ingresos) e nas cubertas con cheque asistencial (acción que, ao exisir unha aportación do 50% por parte do beneficiario, diríxese a persoas de ingresos medios que normalmente quedan fóra das prazas concertadas).

Todos estes datos non teñen en conta as aproximadamente 4.000 prazas que existen en centros de iniciativa social que reciben algún tipo de subvención da Administración autonómica.

En canto ás necesidades de novas gardarías en Galicia, o Valedor estimounas dun xeito verbal (no informe non fai referencia numérica algunha) nun mínimo de 6.000 prazas e nun máximo de 10.000, cifras que distorsionan unha realidade moito máis positiva.

Neste sentido, a forte aposta da Xunta nos últimos anos neste terreo está a situar a Galicia en condicións de acadar con moita antelación a recomendación da Unión Europea de cobertura do 33% en prazas para nenos menores de 3 anos no ano 2010.

En Galicia pasouse de 77 centros de atención á primeira infancia con prazas públicas no ano 1994 aos preto de 300 actuais. Ademáis, coas prazas existentes (13.382), os convenios asinados ou por asinar e os proxectos que se están a xestionar, a Consellería ten garantidas neste momento preto de 16.400 e mantén o obxectivo de acadar para finais de 2005 entre 19.000 e 20.000, co que a ratio recomendada a nivel europeo faríase realidade nesta comunidades un lustro antes.

Coa situación de hoxe, Galicia está xa nunha cobertura pública do 23,7% e coas devanditas 16.400 situarase moi pronto no 29%.

Nestas cifras entran tamén os puntos de atención infantil (PAI), establecementos asistencias para a atención de nenos destas idades en pequenos concellos que non dispoñen de gardaría. Nestes locais, Familia pretende acadar as 2.000 prazas antes de que remate o 2005, coa implantación dun centenar de PAI.

Outro argumento que evidencia a análise errónea do Valedor do Pobo neste campo son tamén as recentes declaracións, recollidas nun xornal hai uns días, da presidenta da Asociación Galega de Empresarios de Centros de Educación Infantil de 0 a 6 anos (ASOGA), Enma Ríos, quen indicou que os índices de cobertura pública superan xa en Galicia os da media da UE.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado da Xunta de Galicia, 2005-04-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (gozo-festival-2026.jpg) Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegarán a mellor música internacional do momento a Santiago de Compostela cunha nova edición de O Gozo Festival. Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam Rodríguez son as primeiras confirmacións do festival, que presentarán os seus directos no Monte do Gozo compostelán o sábado 11 de xullo de 2026. O Gozo Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. En 2026, O Gozo Festival celebrará a súa cuarta edición cun line-up de luxo. O proxecto O Gozo Festival, que naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, consolidouse na súa terceira edición, celebrada en 2025, cun éxito rotundo de crítica e público.
Foto de la tercera plana (20251210-rueda.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Así o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.

Notas

A mostra 'Alfredo Brañas Menéndez XIX-XXI. 125 anos do seu pasamento' chega ao Claustro Alto do Colexio de Fonseca para, en palabras da comisaria, Belén Trigo, 'buscar e descubrir os aspectos menos tratados' da figura deste intelectual rexionalista e 'establecer un diálogo entre dúas épocas', o século XIX e as primeiras décadas do século XXI. A exposición, que pode visitarse ata o 15 de xaneiro, conta cunha mostra bibliográfica con obras do autor e sobre o autor, documentos que obran no poder da USC, e 16 paneis.
Organizada polo Concello de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes, a exposición Do final e do comezo reúne as creacións que 25 novos tituladas e titulados deste centro desenvolveron como parte dos seus traballos de fin de grao . As obras de 21 egresadas e catro egresados foron seleccionadas para unha mostra que busca achegar á cidadanía o proceso de 'construción e reconstrución' como artistas que implicou a súa formación, á vez que reúne un conxunto de pezas que representen as múltiples disciplinas traballadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES