
Este grupo, coordinado polo catedrático do Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información Richard Duro, está a desenvolver na actualizade diversos proxectos internacionais entre os que se atopan tres deles que impulsan a enerxía eólica mariña sostible, clave para o desenvolvemento dun futuro máis verde e competitivo.
Trátase dos proxectos AOWINDE, FLORES e SHOREWINNER, os cales contan cun orzamento total de máis de 7 millóns de euros.
AOWINDE é un proxecto transfronteirizo que se desenvolve entre España e o Norte de Portugal, enmarcado no programa POCTEP Interreg. Este proxecto ten como obxectivo fomentar unha industria eólica mariña sostible, en liña co Plan Industrial do Pacto Verde Europeo e faino colaborando con universidades, centros tecnolóxicos e administracións públicas. Conta cun orzamento total de 1.414.080 e un prazo de execución que se estende desde 2023 ata 2025.
Por outra banda, o proxecto FLORES consiste nunha iniciativa de innovación docente que busca impulsar o Pacto polas Capacidades no sector das enerxías renovables mariñas, promovendo a formación continua en Europa. Desenvolve accións piloto rexionais coa industria e entidades educativas nas concas do Báltico, Mediterráneo e Atlántico. A través do programa Erasmus+, FLORES tamén analiza as necesidades de capacitación da industria, apostando pola educación como motor de innovación. Este proxecto, que conta cun orzamento de 877.668 , tamén se executará entre 2023 e 2025, e está coordinado polo CETMAR co apoio de investigadores do GII.
Finalmente, o proxecto SHOREWINNER, tamén enmarcado no programa Erasmus+, ten como obxectivo crear unha Comunidade de Prácticas (CoP) para a enerxía eólica mariña no sur de Europa. Este proxecto, que contará cun orzamento total de 4.975.531 e un prazo de execución de 2024 a 2028, busca establecer unha plataforma de aprendizaxe en liña que promova a formación e educación profesional de excelencia no sector.
Outros proxectos do GII
Ademais destes proxectos, o GII está a finalizar outras iniciativas de investigación no ámbito da eólica mariña, como MORSA, centrado en vehículos autónomos submarinos, e EAGLE, que se ocupa da dixitalización de plataformas de despegamento e aterraxe de drons, ambos dirixidos ao mantemento de estruturas e parques eólicos, así como proxectos centrados na robótica intelixente, tales como o PILLAR-Robots ou o USV-Brain.
A actividade do grupo desenvólvese en diversas áreas: Enxeñaría Naval e Oceánica, Dinámica de Fluídos, Enxeñaría de Organización Industrial e Transporte, e Sistemas Autónomos: Intelixencia Computacional, Robótica e Cognición.
Actualmente, participa en 10 proxectos internacionais e 4 nacionais e/ou rexionais, reafirmando o compromiso da UDC coa investigación, o desenvolvemento e a colaboración público-privada, para liderar o cambio cara a un mundo máis sostible.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.