
A Biblioteca Virtual Egeria vén de chegar aos catrocentos tÃtulos de obras ao dispor do público a través de GaliciaDigital.
Son obras de narrativa ou poesÃa, de investigación ou ensaio, en galego e castelán, cedidas polos seus autores para a súa difusión entre os interesados polos diversos temas, que poden descargarse gratuitamente na súa totalidade.
As obras poden ter sido publicadas sen interese comercial, estar esgotadas ou inéditas, polo que será moi dificil acceder a elas por outro medio.
A Biblioteca virtual Egeria está recibindo un promedio de 400 visitas diarias.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañÃas galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos tÃteres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e TÃteres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.