
Malia a visión que frecuentemente temos das sociedades medievais como sociedade illadas, o que demostra a documentación, segundo o investigador, é que era un mundo moi comunicado, gustoso de comunicarse e de coñecer, pero cunhas coordenadas distintas, cunhas marxes temporais estendidas pola dificultade de comunicación inmediatada.
A propia percepción das viaxes e das peregrinacións depende dos requerimentos, subliña Sánchez, que constatou que antes do século XII a xente que peregrina ten o obxectivo de rezar en Santiago e quere chegar axiña, pero despois vai con outras pautas e non é preciso o apuro, desde o século XIII hai elementos que condensan a un tempo sentidos sacros e turísticos coma as cruces de consagración da Catedral de Santiago, e contemplalas considérase un tempo ben investido no espiritual, ás que se engaden certos obxectos para ver no templo.
O investigador considera que as fontes medievais ás que temos acceso hoxe en día en boa media permiten ver que as persoas que vivían na Idade Media tiñan as mesmas angurias e gustos ca nós, os mesmos sentimentos de busca de seguridade, de envexa, de amor, de odio, de preguiza... pero en cambio tiñan códigos diferentes en relación co tempo.
Na Compostela da época medieval, indica Xosé Manoel Sánchez, había unha relación fonda coas terras do seu contorno, e o calendario festivo e litúrxico marca un fragmento do tempo na vida urbana, de xeito que hai unha continuidade de costumes, de usos, de tradicións coma a feira cabalar do Outeiro de Poldros da Carballeira de Santa Susana, ou as festas.
O tempo atmosférico e as horas de luz ou escuridade, o abrente e a noitiña, marcan a vida, o mesmo que as campás que sinalan os actos litúrxicos, mais cando a finais da Idade Media chegan os reloxos á vida urbana, pásase dun tempo eclesiástico a un tempo civil, cambio o xeito no que se marca o tempo.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.